Enrique Fernández Maneiro, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1905 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 1988,La Voz de Galicia, 2-2-1988, p. 57. foi un sindicalista anarquista galego.
Traxectoria Mecánico fresador. Participou na constitución do Ateneo Sindicalista Libertario en Vigo en maio de 1931 e despois presidiu o Centro de Estudios Sociales da FLSU. Deuse a coñecer como sindicalista nas folgas do metal vigués dos anos 1932-1933. Organizou o Sindicato Metalúrxico afecto á CNT e incorporou á afiliación uxetista. En 1934 puxo en marcha o Sindicato Minero y Profesiones Varias nas minas de San Fins (Lousame) con Claro José Sendón e Ramón Rodríguez Varela (Curuxás). O 6 de xaneiro de 1936 foi elixido secretario xeral do comité da Confederación Regional Galaica.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse nos montes do Confurco. As autoridades da ditadura emitiron unha requisitoria en xaneiro de 1937.El Pueblo Gallego, 30-1-1937, p. 8. En 1940 presentouse ás autoridades despois de desbotar a posibilidade de incorporarse á guerrilla de Curuxás. En 1942 colaborou coa rede de espionaxe a prol dos Aliados artellada no Consulado británico de Vigo. Mantivo vencellos coa CNT clandestina en Vigo axudando a trasladar a José Luís Quintas ás minas de San Fins en 1946. Nos últimos anos presidiu a Asociación de Jubilados do Barrio das Flores na Coruña. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes