Roxelio Rodríguez de Bretaña, nado en Ourense o 11 de novembro de 1917, foi un político galego.

Traxectoria miniatura|Florencio Delgado, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro e Elixio Rodríguez a bordo do Ipanema. Militante da Federación de Mocedades Galeguistas, alistouse nos requetés para salvar a vida e pasouse ao bando leal. De Francia exiliouse en México en xullo de 1939. Foi o primeiro Secretario Xeral do Padroado da Cultura Galega en 1953. No Padroado tivo problemas polo seu anticomunismo, en especial con Luís Soto, e foi substituído por Carlos Velo. Colaborou en A Nosa Terra e iniciou en decembro de 1952 o programa radiofónico A Hora de Galicia. Foi editor dos números 5 ao 7 da revista Saudade de México. Foi o derradeiro secretario xeral do Partido Galeguista en México en 1945 e de xeito testemuñal ata os anos oitenta; tamén foi secretario de relacións da Irmandade Galeguista.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Congreso da Emigración Galega Solidaridade Galega Antifeixista Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México

Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1917