miniatura|Maltosa, o substrato da maltase.

A maltase (), tamén chamada alfa-glicosidase, glicoinvertase, glicosidosacarase, maltase-glicoamilase, alfa-glicopiranosidase, glicosidoinvertase, alfa-D-glicosidase, alfa-glicósido hidrolase, alfa-1,4-glicosidase, ou alfa-D-glicósido glicohidrolase, é un encima que hidroliza o disacárido maltosa, orixinando as dúas unidades de glicosa que a forman. Este encima encóntrase en plantas, bacterias, lévedos e animais. O encima hidroliza os enlaces O-glicosídicos alfa (1-4). No home encóntrase no epiitelio interno do intestino. Hai outros encimas alfa-glicosidases co mesmo número EC noutros tecidos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Maltase-glicoamilase Sacarase-isomaltase

Ligazóns externas

Estrutura e evolución da maltase-glicoamilase e a sacarase-isomaltase de mamífero

Categoría:Hidrolases