A neuroglobina é unha proteína da familia das globinas implicada na homeostase celular do oxíxeno. É unha hemoproteína intracelular que se expresa no sistema nervioso central e periférico, retina e tecidos do sistema endócrino. Investigacións recentes sobre a presenza de neuroglobina confirmaron que a neuroglobina humana pode atoparse no líquido cefalorraquídeo (o que é unha localización extracelular).Begona Casado, Lewis K Pannell, Gail Whalen, Daniel J Clauw, e James N Baraniuk. Human neuroglobin protein in cerebrospinal fluid. Proteome Sci. 2005; 3: 2. Published online Feb 25, 2005. doi: 10.1186/1477-5956-3-2 PMCID: PMC554085. PMC554085
A neuroglobina é un monómero que se une reversiblemente ao oxíxeno cunha afinidade maior que a hemoglobina; tamén se pode unir ao óxido nítrico (NO)Sabine Van Doorslaer, Sylvia Dewilde, Laurent Kiger, Sergiu V. Nistor‡, Etienne Goovaerts, Michael C. Marden, Luc Moens. Nitric Oxide Binding Properties of Neuroglobin. A characterization by EPR and FLASH photolysis. JBC. . Incrementa a dispoñibilidade de oxíxeno nos tecidos do cerebro e protexe contra a hipoxia ou a isquemia, o que limita os danos que se poderían producir no cerebro nesas situacións. A súa expresión indúcese precisamente pola hipoxia neuronal ou a isquemia cerebral.
Probablemente a misión primaria da neuroglobina non é transportar oxíxeno, senón protexer contra a toxicidade do óxido nítrico (NO), o que promove a supervivencia e recuperación das neuronas nas áreas onde a subministración de oxíxeno foi reducido.Kunlin Jin, Xiao Ou Mao, Lin Xie, Adil A. Khan, and David A. Greenberg. Neuroglobin Protects Against Nitric Oxide Toxicity. Neurosci Lett. Jan 10, 2008; 430(2): 135–137. PMCID: PMC2265792
A neuroglobina foi identificada por Thorsten Burmester et al. en 2000.Burmester, T.; Weich, B.; Reinhardt, S.; Hankeln, T. A vertebrate globin expressed in the brain. Nature 407: 520-523, 2000. A estrutura tridimensional da neuroglobina humana foi determinada en 2003. En 2004 determinouse a estrutura da neuroglobina de rato a maior resolución. A súa orixe evolutiva é moi antiga, e é homóloga das globinas nerviosas dos invertebrados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Citoglobina Hemoproteína Hemoglobina Leghemoglobina Mioglobina
Ligazóns externas
Categoría:Hemoproteínas