Embassy Hill foi un efémero equipo fundado polo dúas veces campión do mundo de Fórmula Un Graham Hill, que competiu como construtor co seu propio chasis na tempada de Fórmula 1 de . O equipo debutou en e tivo un éxito limitado en tres tempadas de carreiras, pero todo foi truncado pola morte de Graham Hill e o persoal directivo do equipo nun accidente de aviación nunha avioneta no inverno antes da tempada de . O equipo foi patrocinado pola marca de tabaco Imperial Tobacco Embassy e correu baixo varios nomes durante este tempo.
Historia
Embassy Racing With Graham Hill foi creado cando Graham Hill decidiu abandonar o seu anterior equipo, Brabham, descontento co ambiente alí existente. Anunciou a finais de 1972 que estaba creando o seu propio equipo, en calidade de propietario e piloto. miniatura|left|120px|Graham Hill miniatura|left|Hill Shadow DN1 de na demostración de 2008 no Goodwood Festival of Speed.
Logo de asegurarse o patrocinio de Embassy, Hill comezou a correr co seu equipo cos coches comprados a Shadow. As cousas non foron ben ese ano: O mellor resultado do equipo foi noveno en Zolder, sendo o último entre os 9 coches que acabaron (o ex campión do mundo tamén comezou 23º dos 23 coches que comezaron a carreira).
Os chasis de foron comprados a Lola, ata que en 1975 o equipo debutou o seu propio chasis, o modelo GH1 deseñado por Andy Smallman (que baseouse en gran medida no deseño do coche de Lola do ano anterior).GrandPrix.com, GP Encyclopedia - Embassy Hill Racing
Desafortunadamente, o debut do GH1 no Gran Premio de España de 1975 viuse empañado pola rotura do alerón traseiro de Rolf Stommelen, que lanzou o coche do alemán contra á multitude e matou catro persoas.
Stommelen resultou ferido no accidente e non regresou á competición ata a segunda metade da tempada.
Logo de non conseguir a clasificación no Gran Premio de Mónaco de 1975, unha carreira que gañara cinco veces, Hill deixou de pilotar, deixando as tarefas de pilotaxe para Tony Brise. Brise, considerado unha estrela en ascenso, logrou o sexto lugar no Gran Premio de Suecia de 1975 e a sexta posición no Gran Premio de Italia de 1975.
Alan Jones fíxose cargo do segundo coche na maioría das carreira nas que Stommelen estivo de baixa, o australiano logrou o quinto lugar no Gran Premio de Alemaña de 1975.
François Migault e Vern Schuppan foron tamén pilotos do segundo Hill dese ano. Stommelen regresou máis tarde ese ano.
Fin do equipo
Na noite do 29 de novembro de 1975 Graham Hill estaba pilotando unha avioneta Piper Aztec desde Francia a Londres. Os seus pasaxeiros eran o director do equipo Ray Brimble, o piloto do equipo Tony Brise, o deseñador Andy Smallman e os mecánicos Terry Richards e Tony Alcock. Regresaban do Circuíto Paul Ricard onde estiveran probando o coche GH2 que estaban preparando para 1976. Eles debían aterrar no aeródromo de Elstree antes de ir a Londres para asistir a unha festa. Pouco antes de 22:00 a avioneta chocou contra unhas árbores á beira dun campo de golf en Arkley debido á espesa néboa. No choque e explosión que seguiu morreron todos os pasaxeiros.BBC, This day in history-- 1975: Graham Hill killed in air crash.Graham Hill, 46, Retired Racer, In Fatal Crash Piloting His Plane. UPI News Service, 1 de decembro de 1975 New York Times archive Só quedaron vivos o adestrador suplente do equipo e dous mecánicos, polo que era imposible continuar.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Chasis Motor(es) Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Puntos Pos. ShadowDN1 Ford V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA-- Graham Hill Ret 9 Ret Ret 10 Ret NC 13 Ret 14 16 13 LolaT370 Ford V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA-- Graham Hill Ret 11 12 Ret 8 7 6 Ret 13 13 9 12 8 14 8 Guy Edwards 11 Ret NSC 12 8 7 Ret 15 NTS NSC Rolf Stommelen Ret Ret 11 12 Peter Gethin Ret LolaT370T371HillGH1 Ford V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA311º Graham Hill 10 12 NSC NSC Tony Brise Ret 6 7 7 15 Ret 15 Ret Ret Rolf Stommelen 13 14 7 Ret 16 Ret François Migault NC Ret Vern Schuppan Ret Alan Jones 13 16 10 5
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido