O río Oka (nome en éuscaro, ás veces escrito en castelán como Oca), é un curso fluvial da vertente cantábrica da Península Ibérica que discorre por terras de Biscaia, no País Vasco.

Ten unha lonxitude de 17 km. Orixínase en Zugastieta, na confluencia de diversos regatos que proveñen das montañas Goroño (601 m), Oiz (1.035 m), Bizkargi (563 m) e Arburu (552 m). Corre en dirección sur/norte até que finalmente desemboca no estuario de Urdaibai.

A conca do río Oka é a parte principal da Reserva da Biosfera de Urdaibai, espazo protexido cualificado pola UNESCO en 1984.

A súa riqueza natural, en especial a ornitolóxica, foi o fundamento principal pata obter esta cualificación e para a súa declaración como Zona de Especial Protección para es Aves (ZEPA) en 1994 e á súa incorporación á Rede Natura 2000.

En 1992 incluíuse na relación de Zonas húmidas de importancia internacional da Convención de Ramsar, por decisión do Goberno Vasco.

O Oka atravesa terreos dos municipios de Mundaca, Pedernales, Busturia, Murueta, Fórua, Gernika-Lumo, Ajangiz, Mendata, Arrazua, Cortézubi, Gautegiz Arteaga, Múgica e Ibarrangelu.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Río Oka

Categoría:Ríos do País Vasco