A expresión antes de Cristo empregase para referirse e datar os anos e séculos anteriores á era cristiá, que comeza co ano convencional do nacemento de Xesucristo. Aínda que existe controversia acerca do ano de nacemento de Xesucristo, isto non é importante para a utilización da expresión. Os poucos datos dispoñibles apuntan a que esa data podería estar situada entre o ano 7 e o ano 4 antes de Cristo.
Abreviaturas usuais As abreviaturas creadas de acordo coas regras de formación de abreviaturas son:
a. C. (-antes de Cristo-), quizais a abreviatura máis utilizada. a. de C. (-antes de Cristo-), menos usual. a. de X. C. (-antes de Xesucristo-) menos usual. a. X. C. (-antes [de] Xesucristo-). AEC (-antes [da\] Era Común-, acrónimo aconfesional. a. e. c. (-antes da era común-), ídem anterior. É tradución do inglés BCE (before Common Era: antes da Era Común). Ten a desvantaxe de parecer que significa -antes da era cristiá-. ANE (-antes da Nosa Era-) acrónimo aconfesional infrecuente, pero libre de ambigüidade. No mundo galo, tamén se usa a.e.v. (antes da era vulgar) e e.v. (da era vulgar), como alternativa laica ao «antes de Cristo» e «logo de Cristo». a. n. e. (-antes de nosa era-), ídem anterior.
Abreviaturas erróneas Considéranse incorrectas: adC - As letras a e de terían que estar en maiúscula: ADC, ou levar un punto logo de cada elemento abreviado: a. de C. a.C. - Falta un espazo tralo punto do a. a.X.C. - Faltan dous espazos, tralos puntos do a e do X. a. d. C. - de hase abreviado. a.d.C. - Puntos sen espazo posterior e de abreviado. a.d.X.C. - Puntos sen espazo posterior e de'' abreviado. aec ('antes da Era Común') - Como acrónimo debería ir con maiúsculas (AEC), e como abreviatura podería ir con minúscula pero requiriría puntos logo de cada sigla, e espazo tralos puntos (a. e. c.).
O adecuado emprego do punto abreviativo, o espazo e a maiúscula son moi importantes debido a que axudan considerablemente a identificar as abreviaturas, e por conseguinte a diferencialas inequivocamente do resto de métodos de abreviación, así como distinguir e entender rápida e correctamente cada un dos seus elementos.
Notas
Véxase tamén Anno Domini (equivalente a Despois de Cristo) Era común
Categoría:Acrónimos Categoría:Cronometría