Santa María de Erboedo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 246 habitantes (123 homes e 123 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ó ano 2004 cando tiña 349 habitantes (175 homes e 174 mulleres)

Xeografía O río Anllóns atravesa a parroquia polo sur separando os núcleos de Cercido e San Paio para seguir regando as terras de Coiro.

Patrimonio Atopáronse na parroquia restos arqueolóxicos como o de Pedrafita ou o Túmulo de Pedra da Auga.

Lugares e parroquias Lugares de Erboedo

Parroquias da Laracha

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Laracha

Categoría:Parroquias da Laracha Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María