A música popular de Nova Zelandia ten sido influenciada polo blues, jazz, country, rock and roll e hip hop, e moitos destes xéneros recibiron unha interpretación única no país oceánico. Un bo número de músicos populares acadaron éxito internacional, entre eles: Split Enz, Crowded House, OMC, Bic Runga, Ladyhawke, The Naked and Famous, Fat Freddy's Drop, Flight of the Conchords, e Lorde.
A música maorí precolonial estaba baseada en torno a unha forma de canto microtonal, e instrumentos chamados taonga pūoro: unha variedade de soprado, golpeo e instrumentos feitos de madeira baleirada, pedra, marfil de balea, ósos de albatros, e ósos humanos. No século XIX, os colonos europeos levaron formas e agrupacións musicais a Nova Zelandia, entre elas as brass bands e a música coral, e os músicos comezaron a viaxar a Nova Zelandia na década de 1860. As bandas de gaitas estendéronse durante os primeiros anos do século XX.
Nova Zelandia ten unha orquestra nacional, a New Zealand Symphony Orchestra, e varias orquestras rexionais. Varios compositores neozelandeses adquiriron reputación internacional, destacando Douglas Lilburn, John Psathas, Jack Body, Gillian Whitehead, Jenny McLeod, Gareth Farr, Ross Harris, e Martin Lodge.
Música maorí
miniatura|250px|Grupo de cultura maorí no festival de Nambassa de 1981. O canto maorí anterior á chegada dos europeos era microtonal, cunha liña melódica repetida que non se movía moi lonxe respecto dunha nota central. O canto grupal era ao unísono ou dobrado á oitava. Con orixes nas antigas culturas do sueste asiático, o son destes cantos era descrito polos primeiros colonos europeos como "monótonos" e "tristes".
Taonga pūoro
A música instrumental anterior á chegada dos europeos era interpretada nos instrumentos tradicionais (taonga pūoro), unha variedade de soprado, golpeo e instrumentos feitos de madeira baleirada, pedra, marfil de balea, ósos de albatros, e ósos humanos. O pūkāea (trompeta de madeira), hue (cabaza), e pūtātara (trompeta de cuncha) tiñan moitas funcións entre a sociedade maorí precolonial, entre elas a chamada ao combate, o amencer dun novo día, comunicacións cos deuses e o plantar as colleitas. O taonga pūoro ten sido revitalizado ao longo dos últimos trinta anos polo Doutor Richard Nunns, Hirini Melbourne, e Brian Flintoff.
Música maorí contemporánea Os colonos europeos levaron as súas harmonías e instrumentos, que foron adoptados de xeito gradual polos músicos maorís. A canción de acción (waiata-ā-ringa) desenvolveuse en gran medida a principios do século XX.Linkels, Ad (2000). "The real music of paradise". In Broughton, S., & Ellingham, M. (eds.), World music, vol. 2: Latin & North America, Caribbean, India, Asia and Pacific, pp 218–229. Rough Guides Ltd, Penguin Books. ISBN 1-85828-636-0.
A mediados de finais do século XX, os cantantes e compositores maorís como Howard Morrison, Prince Tui Teka, Dalvanius Prime, Moana Maniapoto e Hinewehi Mohi desenvolveron un estilo distintivo con influencias maorís.New Zealand in Brief, Story: Creative life Algúns artistas publicaron cancións en lingua maorí, e a arte tradicional maorí do kapa haka (canto e danza) tivo un rexurdimento.
Pop A primeira canción pop neozelandesa foi "Blue Smoke", escrita a mediados dos anos 1940 por Ruru Karatiana.http://folksong.org.nz/bluesmoke/index.html Pixie Williams gravou a canción en 1949 e, a pesar de que conseguiu o triplo platino en Nova Zelandia, o premio pola venda de 50.000 copias da canción non lle foi entregado a Pixie Williams ata o 13 de xullo de 2011. A chegada da televisión musical conduciu nos anos '60 ao ascenso de Sandy Edmonds, unha das primeiras estrelas do pop neozelandés.Kiwi music shows on TV - Timeline
Formado a principios da década de 1970 e principalmente representado por Phil Judd e os irmáns Tim e Neil Finn, Split Enz logrou éxitos nas listas de Nova Zelandia, Australia, e o Canadá ‒ o máis destacado co seu single de 1980 I Got You - e convertéronse nun grupo de culto noutros lugares. Os vídeos dalgunhas cancións da banda dos anos 1980 estiveron entre os primeiros emitidos na MTV. En 1985, Neil Finn formou a banda de pop rock Crowded House en Melbourne, Australia. Os outros membros fundadores foron os australianos Paul Hester e Nick Seymour. Outros membros posteriores da banda foron o irmán de Neil, Tim Finn, e os americanos Mark Hart e Matt Sherrod. Orixinalmente activa entre 1985 e 1996, a banda tivo un éxito comercial e de crítica en Australia e Nova Zelandia, (NOTA: Empregada para os Singles Australianos e listas de álbums dende 1974 ata que a ARIA creou a súa propia lista a mediados de 1988. En 1992, Kent volveu calcular as posicións entre 1970 e 1974)"Discography Crowded House" australiancharts.com"Discography Crowded House" charts.org.nz e nas listas internacionais en dúas fases, comezando co seu álbum homónimo de debut, Crowded House, que acadou o 12º posto na Lista de Álbums dos Estados Unidos en 1987 e o "Top Ten hits", Don't Dream It's Over e Something So Strong.[ "Crowded House > Charts & Awards > Billboard Singles"] Allmusic[ "Crowded House > Charts & Awards > Billboard Albums"] Allmusic Ademais os éxitos internacionais chegaron no Reino Unido e Europa co seu terceiro e cuarto álbum, Woodface e Together Alone e o álbum recompilatorio Recurring Dream, que incluíu os hits Fall at Your Feet, Weather with You, Distant Sun, Locked Out, Instinct e Not the Girl You Think You Are.Bourke (1997)https://web.archive.org/web/20120119124324/http://www.chartstats.com/artistinfo.php?id=4856 "Artists > Crowded House"] Chart Stats A Raíña Isabel II concedeulles a Orde do Imperio Británico a Neil e Tim Finn, en xuño de 1993, pola súa contribución á música de Nova Zelandia.
Álbums e Singles máis vendidos A canción pop máis vendida de todos os tempos en Nova Zelandia é How Bizarre, de OMC. A canción chegou ao número un en Nova Zelandia, Australia, Canadá, Irlanda, Suráfrica e Austria. Estivo durante 36 semanas no Billboard's Hot 100 dos Estados Unidos, chegando ata o 4º posto. Chegou ao 5º posto no Reino Unido, e estivo no Top 10 en Portugal e Israel.
En 2008, o dúo cómico folk Flight of the Conchords alcanzou éxito internacional co seu álbum homónimo. O álbum debutou no terceiro posto do Billboard 200 estadounidense, vendendo en torno a 52.000 copias na súa primeira semana.
En 2011, a cantante neozelandesa Kimbra colaborou coa cantante belga-australiana Gotye na súa canción Somebody That I Used To Know. A canción liderou as listas nacionais dos Estados Unidos, Reino Unido, Australia, e outros 23 países máis, chegando ao Top 10 en máis de 30 países de todo o mundo. A canción vendeu máis de 13 millóns de copias en todo o mundo, converténdose nun dos singles dixitais máis vendidos de todos os tempos."My Secret Life: Gotye, 32, singer-songwriter". The Independent.
En setembro de 2013, a cantante de 16 anos Lorde chegou ao Top 5 nos Estados Unidos e o Canadá co seu single "Royals", tornándose a muller neozelandesa máis vendida nos Estados Unidos na historia. Na 56 edición dos Premios Grammy, Lorde recibiu catro nomeamentos e gañou o premio á Canción do Ano e á Mellor Interpretación Pop Solista.
Radio airplay A industria discográfica de Nova Zelandia comezou a desenvolverse a partir de 1940. A Recording Industry Association of New Zealand (RIANZ) publica lista de éxitos musicais semanal de Nova Zelandia. A Asociación tamén organiza anualmente os New Zealand Music Awards, que se celebraron por primeira vez en 1965 baixo o nome de Loxene Golden Disc.
A pesar da vitalidade das bandas neozelandesa na escena pub, durante moitos anos a radio comercial mostrouse remisa a emitir música local e contra o ano 1995 tan só o 1.6% de todas as cancións que soaban nas emisoras de radio comercial eran neozelandesas.New Zealand history online A música neozelandesa foi, no entanto, emitida frecuentemente en emisoras de radio estudantís, que chegaron a estar presentes na maior parte das universidades do país nos anos 1980. En 1997 creouse o Kiwi Music Action Group para obrigar ás emisoras de radio a difundir a música de Nova Zelandia. O grupo iniciou a New Zealand Music Week en 2000 medrou ata o New Zealand Music Month. Contra o ano 2005 o contido de música neozelandesa promediou entre un 19 e un 20%.
Rock, alternativa, e indie Kiwi rock é un termo empregado informalmente para describir á música rock é á cultura que a rodea en Nova Zelandia.
O primeiro hit de rock'n'roll dun neozelandés foi Lawdy Miss Clawdy de Johnny Devlin, que vendeu 100.000 copias en 1959-60. O Rock desenvolveuse en Nova Zelandia na década de 1960. Entre as bandas máis destacadas do rock neozelandés cómpre sinalar a The La De Das, Ray Columbus & The Invaders, e The Fourmyula.
A finais dos anos 1970, algunhas bandas de rock de Nova Zelandia estaban a atopar o éxito nacional, incluíndo a Th' Dudes (cuxo guitarrista Dave Dobbyn formou DD Smash na década de 1980), Dragon, Hello Sailor e Split Enz, liderada por Tim Finn, e posteriormente, seu irmán Neil Finn,que pasou a formar Crowded House. A música independente de Nova Zelandia comezou a segunda metade da década de 1970, co desenvolvemento dunha escena local punk.Churton, Wade Ronald (1999, 2001). Have You Checked The Children? Punk and Postpunk Music in New Zealand, 1977–1981 Christchurch, New Zealand: Put Your Foot Down Publishing. ISBN 0-473-06196-1
Na década de 1980 varios selos independentes como Propeller Records en Auckland e Flying Nun Records en Christchurch foron creados e convertéronse nunha influencia no desenvolvemento do rock neozelandés. The Clean, de Dunedin, foi a primeira gran banda que saíu da lista de Flying Nun. As cidades da Illa Sur de Dunedin e Christchurch produciron a maior parte dos artistas da primeira onda de Flying Nun que desenvolveron o Dunedin Sound. A principios da década de 1980 o son jangle-pop distintivo do selo foi creado por bandas como The Chills, The Verlaines, The Dead C, Sneaky Feelings, The Bats e The Jean-Paul Sartre Experience.
A banda de rock Shihad foi creada polo vocalista e guitarrista Jon Toogood e o batería Tom Larkin en 1988. A banda conseguiu acadar popularidade durante a década seguinte tocando unha mestura de rock moderno, post-grunge e pop-rock.
Na década de 1990 creáronse novos selos independentes, e desenvolveuse un son pop alternativo, caracterizado por bandas e artistas como The Brunettes, Goldenhorse, The Phoenix Foundation, e Lawrence Arabia.
Hip hop A xénese do hip hop neozelandés comezou co auxe da cultura hip hop nos Estados Unidos.
Moitos dos pioneiros dos hip hop de Nova Zelandia, como Dalvanius Prime, cuxo Poi E foi un grande éxito, eran maorís. Poi E non tiña rapeo, pero marcou un cambio dende o reggae e o funk favorecido polos músicos maorís.
O primeiro álbum completo de hip hop de produción local foi o EP de Upper Hutt Posse E Tu, en 1988. E Tu estaba parcialmente en lingua maorí e parcialmente en lingua inglesa, e as súas letras tiñan carga política.
O primeiro gran hit de hip hop en Nova Zelandia foi Hip Hop Holiday de 3 The Hard Way. A mostra da canción Dreadlock Holiday de 10cc, chegou ao número un varias semanas a principios de 1994 e foi tamén un hit en Australia.
Na década de 1990, a escena hip hop neozelandesa medrou coa entrada de músicos doutras illas do Pacífico, creando unha variante estilística local coñecida como Urban Pasifika, un termo cuñado polo produtor Alan Jansson para a colección influente Proud en 1994. Esta compilación, con Sisters Underground e OMC, axudou a preparar a escena para o hip hop neozelandés da seguinte década. Protest aínda estaba presente, mais a énfase das letras e da música evolucionara en gran medida cara a un son máis amigable.