Manuel Venerando Porteiro Viña, nado en Carballo o 14 de novembro de 1901 e finado en México en 1974, foi un xornalista, sindicalista e político galego.

Traxectoria Perito mercantil. Foi secretario xudicial e xuíz municipal do Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. Membro da UGT, ingresou na Agrupación Socialista da Pobra do Caramiñal en 1930, da que foi o seu presidente. Dirixiu o seu órgano La Lucha. Foi concelleiro do Concello da Pobra do Caramiñal.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse de Galicia na lancha San José n.º 2 e incorporarse ao Exército Republicano en abril de 1937. Pertenceu á 125 Brigada da 25 División e posteriormente foi funcionario do SIM, Xefe de Contabilidade de Delegacións Exteriores en CAMPSA Gentibus e Xefe do Rexistro Xeral de Orde Pública e funcionario do Ministerio de Defensa Nacional en Barcelona. En 1936 foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. Exiliouse en México, chegou a Veracruz a bordo do buque Ipanema en xuño de 1939. Foi administrador da fábrica de vidro Crisol. Pertenceu á Agrupación Socialista Española, presidiu o Padroado da Cultura Galega en México e colaborou en Saudade e Vieiros. Vida persoal Casou con Lucía Lizuain Osés.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Concelleiros da Pobra do Caramiñal Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes