Xosé Ramón Suárez Ordóñez, nado en Chorente (Taragoña, Rianxo) o 7 de marzo de 1970, é un escritor galego, coñecido tamén co nome de Xosé Duncan.

Traxectoria Reside na Coruña desde os catro anos. Cultiva sobre todo os xéneros literarios de fantasía e terror. Colaborou desde o seu inicio en Contos EstrañosBiografía na ficha da AELG deste autor. e en xaneiro de 2016 creou a páxina web literaria lermos.gal xunto con Alex Bayorti e Martinho Terrafría.

Obra Narrativa As crónicas de Bran. Vol I. A revolta dos Mestres (marzo de 2013 - Contos Estraños Editora). As crónicas de Bran. Vol II. A porta de Annwn (marzo de 2014 - Contos Estraños Editora). Hostal Norte (novembro de 2014 - Urco Editora). As Crónicas de Bran. Vol III. O solpor dos deuses (marzo de 2015 - Contos Estraños Editora). Negruña (2016 - Urco). As lembranzas perdidas no lago Antelväri (2018 - Galaxia). Mnemea (2019 - Galaxia). O derradeiro decembro infinito (2019 - Autoedición).

Obra colectiva O ollo do corvo, Contos Estraños nº 0. As bágoas de Neixón. Contos Estraños nº 1. Os últimos de Landeiras, Contos Estraños nº 2. Branco Nadal, Contos Estraños nº 4. A mensaxe, Contos Estraños nº 6. A avelaíña azul, Sombras no berce. O último verán, 2ª posición no I Certame de Relatos de Verán de Redelibros. Sombras de morte, Contos no nicho. A última caricia, Tebras na alma. O pequeno Carlo, Contos Estraños 'Segunda Era'. O derradeiro encargo do vendedor de denociñas, Contos Estraños nº 8. A carta do lobo de fume, Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal, 2016, Urco. Cando a alma perde o tellado, 2016, Arquitectura Sen Fronteiras. Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.

Premios 1º Premio do certame de relatos Catro Paredes organizado por Arquitectura Sen Fronteiras (2016) Finalista no II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa obra 'Os soños da Deusa Nai e do Deus Tolo' (2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog persoal de Xosé Duncan Blog oficial da triloxía 'As Crónicas de Bran'

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1970