Fitz-James O'BrienTamén escrito Fitz James O'Brien., nado en Cork o 31 de decembro de 1828 e finado en Cumberland (Maryland) o 6 de abril de 1862, foi un escritor irlandés en lingua inglesa.

Cun estilo próximo ao de Poe, Ambrose Bierce ou H.P. Lovecraft, é considerado un dos precursores da ciencia ficción. Nos comezos (1853) publicou na Harper's Magazine, tanto prosa como composicións poéticas. Así mesmo escribiu para New York Saturday Press, Putnam's Magazine, Vanity Fair e Atlantic Monthly.

Destacan dentro da súa obra os relatos What Was It? e A lente de diamante (The Diamond Lense).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía do autor

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Cork Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1862