300: A orixe dun imperio, (en ), é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Noam Murro, secuela do filme de 2007 300, que acontece antes, durante e despois dos sucesos que aparecían nesa película e mais cunha reconstrución ficticia da batalla de Salamina. Baséase na novela gráfica inédita de Frank Miller, Xerxes. O director do filme orixinal, Zack Snyder, traballou como guionista e produtor desta volta. miniatura|Eva Green, a protagonista feminina de 300:Rise of an Empire
No repartimento figuran Lena Headey, Rodrigo Santoro, David Wenham e Andrew Tiernan que repiten os papeis que tiñan no filme orixinal, xunto con Sullivan Stapleton, Eva Green, Hans Matheson, Callan Mulvey e Jack O'Connell. A súa estrea comercial, en 3D e IMAX 3D foi o 7 de marzo de 2014. O compositor da música do filme foi Junkie XL.
Sinopse
Gorgo (Lena Headey), raíña de Esparta, cóntalles aos seus homes da batalla de Maratón, na que o rei Darío I (Yigal Naor) de Persia morreu a mans do xeneral Temístocles (Sullivan Stapleton) de Atenas, o seu fillo Xerxes (Rodrigo Santoro), presenza a agonía de seu pai e antes de morrer este dálle o consello de non continuar a guerra, xa que "só os deuses poden derrotar os gregos". A comandante da frota de Darío Artemisia (Eva Green), consola a Xerxes afirmando que as derradeiras palabras de Darío eran un desafío, se como rei non pode derrotar os gregos, terá que o facer como deus e emprende unha viaxe ao longo do deserto ata que chega a unha cova onde se baña nun líquido áureo, emerxendo o Deus-rei, cumprida a súa misión volve a Persia e declara a guerra a Grecia. Mentres as forzas de Xerxes avanzan cara ás Termópilas, Temístocles reúnese co consello e convénceos para que lle subministren unha frota para se enfrontar cos persas no mar e logo marcha para Esparta para pedirlle axuda ao rei Leónidas, alí Dilios (David Wenham) infórmalle que o rei está consultando o oráculo, e que Gorgo é reticente a porse do lado dos gregos. Temístocles entón fala co seu vello amigo Escila (Callan Mulvey) polo que coñece que Artemisa é grega de nacenza pero que se pasou aos persas logo que soldados gregos mataran os seus pais e violárana cando era unha nena, e que conquistou o seu lugar como comandante naval tras matar desapiadamente a varios dos inimigos de Darío.
Temístocles conduce os seus homes, entre eles Escilas, o fillo deste Calisto (Jack O'Connell) e a man dereita de Temístocles Esquilo (Hans Matheson) ao mar Exeo, dirixen os seus navíos contra dos barcos persas e cargan contra eles, matando moitos soldados antes de retirarse, o mesmo acontece o día seguinte, impresionada co labor de Temístocles, Artemisa sedúceo e ofrécelle un posto no seu exército, o que el rexeita e polo que ela xura vinganza.
Soldados persas enchen o mar de alcatrán e homes con bombas infíltranse nos barcos gregos, Artemisa e os seus homes lanzan fachos e frechas ardendo para que exploten, pero Temístocles mata un dos soldados, que cae no alcatrán levando un facho, o que causa que navíos das dúas frotas exploten. Por causa da explosión Temítocles cae ao mar e case afoga pero Calisto logra rescatalo. Artemisa e as súas forzas retíranse ao crelo morto.
A Temístocles chéganlle as novas que Xerxes matou a Leónidas e os seus 300 e volve a Atenas para coñecer por medio de Efialtes (Andrew Tiernan), o espartano traidor, os plans de Xerxes para atacar Atenas.
Elenco
Sullivan Stapleton como Temístocles Eva Green como Artemisia Caitlin Carmichael como Artemisia aos oito anos Jade Chynoweth como Artemisia aos trece anos Lena Headey como a raíña Gorgo Rodrigo Santoro como Xerxes Jack O'Connell como Calisto Hans Matheson como Esquilo Callan Mulvey como Escilas David Wenham como Dilios Andrew Tiernan como Efialtes Yigal Naor como Darío I Andrew Pleavin como Daxos Ben Turner como o xeneral Artafernes Ashraf Barhom como o xeneral Bandari Christopher Sciueref como o xeneral Kashani Gerard Butler como o rei Leónidas (metraxe de arquivo) Michael Fassbender como Estelios (metraxe de arquivo)
Produción En xuño de 2008 os produtores Gianni Nunnari, Mark Canton e Bernie Goldmann deron a coñecer que comezaran a traballar nunha secuela do filme 300. e Legendary Pictures anunciou que Frank Miller, o autor da novela gráfica na que se baseaba a película, estaba a escribir unha secuela dela, e que Zack Snyder, o director de 300, estaba interesado en dirixir a adaptación, pero ao final optou por traballar en O home de aceiro.. Elixiuse logo a Noam Murro como director mentres Snyder mantiña un posto como produtor. O argumento do filme íase centrar no grego Temístocles interpretado polo actor australiano Sullivan Stapleton.
Durante a preprodución o filme levaba o título de 300: Battle of Artemisium; e en setembro de 2012 recibiu o seu título definitivo, 300: Rise of an Empire. A filmación principiou a primeiros do mes de xullo de 2012 nos estudios Nu Boyana Film en Sofía, (Bulgaria). A estrea foi o 5 de marzo de 2014 no TCL Chinese Theatre e a explotación comercial comezou o 7 dese mes.
Recepción 300: Rise of an Empire recibiu críticas variadas, así no agregador especializado Rotten Tomatoes, o filme conta cunha avaliación do 43%, cunha puntuación media de 4,9/10, baseado en datos de 136 críticos, e amosa o consenso que pese á boa interpretación de Eva Green é un paso atrás do filme predecesor Noutro agregador Metacritic conta cunha puntuación de 47/100 baseado en datos de 30 críticos.
Todd Gilchrist de The Wrap deulle ao filme unha crítica negativa Todd McCarthy de The Hollywood Reporter tamén lle deu unha crítica negativa Scott Foundas de Variety deulle unha crítica positiva, entretido que funciona ben, pero sen as resonancias míticas que tiña 300" Kyle Smith of the New York Post deulle dúas estrelas e medio sobre catro, relacionando o filme con Conan the Barbarian." Richard Roeper deulle catro estrelas e media sobre cinco, afirmando que é unha gran produción brillantemente feita James Rocchi de Film.com deulle unha puntuación de 0 sobre 10, afirmando que era unha broma en 3D."
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2014 en 3D Categoría:Filmes rodados en Bulgaria Categoría:Filmes ambientados na Grecia antiga Categoría:Filmes ambientados no século -V Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego