The Palestinian Broadcasting Corporation (en árabe: "هيئة الإذاعة و التلفزيون الفلسطينية") (PBC) é a empresa pública de radiodifusión da Autoridade Nacional Palestina. É un membro asociado á Unión Europea de Radiodifusión.

Historia Foi creada o 1 de xullo de 1994 e está baixo a xurisdición da Autoridade Nacional Palestina. Ten unha estación de radio subsidiaria coñecida como a Voz de Palestina e un canal satélite coñecido como Palestinian Satellite Channel.

As emisións de Palestine TV comezaron no ano 1996 en Gaza. O primeiro director da PBC foi o activista de Fatah e leal ao réxime de Arafat, Radwan Abu Ayyash, antigo director da Asociación árabe de xornalismo.Jamal, A (2005). Media politics and democracy in Palestine. Sussex Academic Press. ISBN 978-1-84519-039-2, p. 78.

O 19 de xaneiro de 2002 as Forzas de Defensa de Israel utilizaron explosivos para a destrución do edificio principal e a torre de transmisión da PBC en Ramallah como consecuencia do ataque dun palestino membro de Fatah a seis persoas. O goberno israelí requisou o material de emisións acusándoo de antisemita e de incitar á violencia.BBC News Online, 'Palestinians seek $10m for radio attack', 24 de xaneiro de 2002.

Financiamento A PBC financiouse parcialmente polo Goberno dos Estados Unidos ata 1998.Brynen, Rex (2000). A very political economy: peacebuilding and foreign aid in the West Bank and Gaza. US Institute of Peace Press. ISBN 978-1-929223-04-6, p. 109

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Unión Europea de Radiodifusión Ligazóns externas PBC website

Categoría:Membros asociados á Unión Europea de Radiodifusión Categoría:Palestina