O grupo parlamentario do Partido Popular Europeo ou PPE é o grupo europarlamentario demócrata-cristián do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. Está formado case na súa totalidade por parlamentarios que á súa vez pertencen a partidos englobados no Partido Popular Europeo, e de aí a coincidencia no nome co partido paneuropeo.

Historia As orixes do grupo parlamentario democristián do Parlamento Europeo hai que buscalas no primeiro momento da historia comunitaria, na creación da Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, o 10 de setembro de 1956. Ao comezo do verán do ano seguinte xa existía un grupo parlamentario formado de xeito oficial, aínda que durante eses nove meses os deputados de centro-dereita dos seis estados asinantes cooperaran e traballaran conxuntamente.

Aínda que as formacións iniciais do PPE eran de tradición democristiá, as sucesivas ampliacións da Comunidade Económica Europea, Comunidade Europea e finalmente Unión Europea, levaron o grupo parlamentario do PPE a abrirse a outras tradicións conservadoras e de centro dereita, como as que encarnaban a formación grega de Nova Democracia ou o Partido Popular español, antes de toda a expansión comunitaria cara ao leste. Os conservadores británicos e dinamarqueses tentaron inicialmente manter un grupo parlamentario á parte, que se denominou Demócratas Europeos, pero durante a década dos noventa disolveron a entidade e incorporáronse ao grupo parlamentario do PPE (británicos) e ao grupo e mais ao propio Partido Popular Europeo os dinamarqueses. Pero mentres o grupo se ampliaba (incorporación da Forza Italia de Silvio Berlusconi, por exemplo) aparecían as primeiras fendas importantes causadas polo euroescepticismo.

Este núcleo euroescéptico recuperou o nome de Demócratas Europeos e brevemente o grupo parlamentario denominouse PPE-DE. Con esa composición, o PPE-DE converteuse no grupo parlamentario máis numeroso da Eurocámara logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 1999. A crise para a aprobación dos orzamentos que enfrontou os democristiáns cos socialdemócratas, e que levou por diante a Comisión que presidía Jacques Santer, acabou tamén por dinamitar o propio grupo parlamentario. Logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 o Partido Conservador británico e o Partido Democrático Cívico checo abandonaron o PPE para formar canda outras formacións o grupo parlamentario dos Conservadores e Reformistas Europeos o 22 de xuño de 2009. Como consecuencia desa formación, o subgrupo dos Demócratas Europeos desapareceu e o grupo redenominouse como Partido Popular Europeo unicamente. Malia esta escisión, o grupo parlamentario do PPE continuou a ser o máis numeroso da Eurocámara.

Cargos de relevancia O grupo democristián proveu de moitos dos grandes persoeiros da política europea. Así, deu quince presidentes do Parlamento Europeo (ou dos seus equivalentes anteriores), máis da metade de todos eles: os italianos Alcide de Gasperi (1954) e Giuseppe Pella (1954-56); o alemán Hans Furler, que o fixo en dous períodos, de 1956 a 1958 e de 1960 a 1962, e que foi o único presidente da Eurocámara que o foi en dúas ocasións; o francés Robert Schuman (1958-60); os belgas Jean Duvieusart e Victor Leemans, de 1964 a 1965 e dese ano a 1966, respectivamente; o francés Alain Poher (1966-69); os italianos Mario Scelba (1969-71) e Emilio Colombo (1977-79); o francés Pierre Pflimlin (1984-87); o alemán Egon Klepsch (1992-94); o español|José María Gil-Robles (1997-97); a francesa Nicole Fontaine (1999-02), o alemán Hans-Gert Pöterring (2007-09); e o polaco Jerzy Buzek do 2009 ao 2012, que foi o primeiro presidente do parlamento que procedía do Leste de Europa.

Ademais, tamén pertenceron ao PPE cinco presidentes da Comisión Europea: o alemán Walter Hallstein, que foi o primeiro presidente da Comisión entre 1958 e 1967, o italiano Franco Maria Malfatti de 1970 a 1972, o francés François-Xavier Ortoli, entre 1973 e 1977, o luxemburgués Jacques Santer (1995-1999), e o portugués José Manuel Durão Barroso, que estivo no posto entre 2004 e 2014 e que é o segundo presidente de máis duración no cargo por detrás do socialdemócrata Jacques Delors.

Organización O PPE ten un presidente e un grupo de vicepresidentes, ademais dun tesoureiro e dun secretario-xeral.

Os presidentes do grupo do PPE foron:

NúmeroPresidentePaísPartidoDesdeAta1.Maan SassenPartido Popular Católico195319582.Pierre WignyPartido Socialcristián195819583.Alain PoherMovemento Republicano Popular195819664.Joseph IllerhausUnión Demócrata Cristiá (CDU)196619695.Hans LückerlUnión Demócrata Cristiá (CDU)196919756.Alfred BertrandPartido Popular Cristián197519777.Egon KlepschUnión Demócrata Cristiá (CDU)197719828.Paolo BarbiDemocracia Cristiá (DC)198219849.Egon KlepschUnión Demócrata Cristiá (CDU)1984199210.Leo TindemansPartido Popular Cristián1992199411.Wilfred MartensPartido Popular Cristián1994199912.Hans Gert PötteringUnión Demócrata Cristiá (CDU)1999200713.Joseph DaulUnión por un Movemento Popular (UMP)2007actualidade

Parlamentarios Esta foi a composición inicial do grupo parlamentario do EPP, logo de cada unha das eleccións. Con posterioridade ás eleccións producíronse cambios, ademais de que os países entrantes recibían unha cota de europarlamentarios antes de que se producisen os comicios.

PaísPartido19791984198919941999200420092014TotalTotal por estadoUnión Demócrata Cristiá de Alemaña34342539434034249 Unión Social Cristiá de Baviera8778109857306Partido Popular Austríaco7661919 Partido Socialcristián111119 Democristiáns de Flandres745433329Nova Alianza Flamenga11Fronte Democrática Francófona11 Centro Demócrata Humanista32221111243Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria55 Unión de Forzas Democráticas116Unión Cristiá Demócrata - Partido Popular Checo224 Partido Democrático Cívico99 Unión de Independentes - Demócratas Europeos3316Reagrupación Democrática224 Partido Europeo1015 Unión Democrática Croata Partido Popular Conservador142311113 Demócratas de Centro11 14Unión Demócrata Cristiá Eslovaca - Partido Democrático325 Movemento Cristianodemócrata325 Coalición Húngara224 14Partido Democrático Esloveno224 Nova Eslovenia213 7Partido Popular1528272423117 Unión Democrática de Cataluña1113 120Unión pola Patria e a Res Pública11 2 2Coalición Nacional44311 Cristianodemócratas101213Unión pola Democracia Francesa891213951 Centro Nacional de Independentes e Labregos11Democracia Liberal66 Reagrupamento pola República1212 Unión por un Movemento Popular172431 Novo Centro33 Esquerda Moderna22 106Nova Democracia910991185656 Alianza da Mocidade Demócrata (FIDESz)121224 Partido Popular Cristianodemócrata11 Forum Demócrata Húngaro1126Fine Gael464445431 Independente: Dana Rosemary Scallon1132 Democracia Cristiá29262651 Partido Popular do Tirol do Sur11111117 Partido Popular Italiano8412 Pacto Segni33 Forza Italia221638 Centro Cristián Democrático22 Cristianodemócratas Unidos257 Unión de Demócratas por Europa111 Renovación Italiana11 Partido dos Pensionistas112 Unión de Centro5510 O Pobo da Liberdade2929 153Partido da Nova Era213 Partido Popular11 Unión Cívica22 6Unión Patriótica - Democratacristiáns de Lituania246 6Partido Popular Socialcristián33322331919Partido Nacionalista224 4Chamada Demócrata Cristiá101081097559 59Plataforma Cívica152540 Partido Popular Polaco437 47Centro Democrático Social - Partido Popular3227 Partido Socialdemócrata197825 32Partido Unionista do Ulster11114 Partido Conservador183627 82Partido Demócrata Liberal1111 Unión Demócrata dos Húngaros de Romanía33 14Coalición Moderada54413 Democristiáns2114 17

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do Grupo

Popular Categoría:Partido Popular Europeo