A Área Paterniani é un territorio considerado por algúns investigadores como a área xeográfica na que puido orixinarse Castela. Encóntrase situado ao norte da provincia de Burgos, na bisbarra das Merindades.

Aínda que os seus límites exactos son difusos, a maioría de autores coinciden en sinalar que abranguería boa parte da vertente do Ebro das Merindades, con estes límites: Merindad de Sotoscueva, Merindad de Valdeporres e Valle de Manzanedo polo oeste, Valle de Mena polo norte, Orduña e Valdegovía (provincia de Álava) polo leste, e os montes Obarenes ata Castellanos de Bureba polo sur.

Localización

Non se conservan documentos que falen dunha localización exacta, polo que as súas fronteiras son difusas e varían segundo o autor.

Teoría de Frei Justo Pérez de Urbel

Historia

Tense constancia da existencia deste territorio grazas á documentación escrita polo abade Vitulo nun mosteiro de Valle de Mena arredor do ano 800.

Este territorio, a partir do ano 807, foi xa coñecido como parte de Castela.

Fortaleza de Tedeja A teoría de Aniano Cadiñanos, fala de que a área era unha zona defensiva protexida dende unha fortaleza, a de Tedeja, situada en Trespaderne, de cuxo nome podería provir o Patri (paderne). Tedeja = 'Tutela', e o antigo barrio de Trespaderne Paderno = Paternus', situados á entrada do desfiladeiro da Horadada, deben ser considerados como o enclave onde se localizou o castella-castra Paterni (o antigo castro de Paterni), unha das fortalezas erixidas a fins do Imperio romano, e con continuidade en época visigoda, cuxa función era o control e vixilancia dos pobos do norte.

Crese que este foi o primeiro castelo de Castela, pois estudos arqueolóxicos o dataron en finais da época visigoda (século V), aínda que asentado sobre restos anteriores, posiblemente romanos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Orígenes de Castilla (una interpretación). Ano 2002. Autor: Aniano Cadiñanos López-Quintana. ISBN 84-89915-17-2

Categoría:Historia de Castela e León Categoría:Historia de España Categoría:Castela Categoría:Xeografía de Castela e León Categoría:Reino de Castela