Modesto Grandío Parapar, nado en Cabanas (O Vicedo) o 11 de xullo de 1889 e finado en Viveiro o 6 de outubro de 1966, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria Emigrou sendo novo a Cuba e estivo cino anos na illa. Regresou a Viveiro onde casou con Rosario Paz Blanco en outubro de 1910. Orientou a súa vida profesional cara ao Maxisterio. Fixo estudos por libre na Escola Normal de Santiago de Compostela e obtivo o título de Mestre en marzo de 1920. Foi mestre en Covas (1920). En febreiro de 1924 foi destinado á escola de San Martín de Arroxo (A Fonsagrada). Unha vez aprobadas as oposicións, exerceu nas escolas de San Pedro de Viveiro (1925-1927), Galdo (1927-1946) e, finalmente, dende 1946, no Grupo Escolar de Viveiro, onde foi director e onde se xubilou en 1959.

Colaborou nos periódicos viveirenses Heraldo de Vivero, La Voz del Pueblo, El Ideal Vivariense, Renovación, La Voz del Pescador e El Landro; e tamén en Diario de la Marina, El Regional, El Progreso, Vida Gallega, La Voz de Oleiros, La Voz de Ortigueira, Las Riberas del Eo, La Comarca, Faro Villalbés, El Faro Astorgano e La Voz de Asturias."Grandío Parapar", Heraldo de Vivero, 17-4-1963, p. 2. Tamén nos periódicos galegos da emigración Vivero en Cuba, Eco de Galicia e Heraldo de Galicia.

Obra Crepuscular. Ensayos poéticos (Artes Gráficas Gerardo Castro, 1930). Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores Categoría:Nados no Vicedo Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes