San Martiño de Covas é unha parroquia rural que se localiza no norte do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo IGE en 2018 tiña 899 habitantes (477 mulleres e 422 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución constante en relación aos anos 2004, cando tiña 973 habitantes, e 1999, con 992 habitantes.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa parroquia de Esmelle, ao leste coa de Marmancón e ao oeste coa de Esmelle. Covas conta cunha biblioteca especialmente dedicada á promoción da lectura entre o público infantil, fundada pola asociación cultural Columba.

Xentilicio O seu xentilicio é covicheiro.

Galería de imaxes

Eventos de interese Equiocio é un evento multidisciplinar en torno aos cabalos que se celebra en Covas desde 1992.

Lugares e parroquias Lugares de Covas

Parroquias de Ferrol

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ferrol Ligazóns externas Facebook da Biblioteca Columba en Cobas

Categoría:Parroquias de Ferrol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño