Os oxiúros (/ks/) son vermes nematodos parasitos intestinais de humanos e outros primates pertencentes ao xénero Enterobius, especialmente á especie Enterobius vermicularis.Encyclopædia Britannica. A infestación por estes vermes denomínase oxiuríase ou enterobíase.Merriam-Webster: EnterobiasisMerriam-Webster: Oxyuriasis

Clasificación

Os oxiúros (xénero Enterobius) son un tipo de nematodo do cal se identificaron tres especies.NCBI taxonomy database 2009 A única especie que parasita aos humanos é a Enterobius vermicularis (que anteriormente se chamaba Oxyuris vermicularis).dpdx 2009 Os chimpancés hospedan ao Enterobius anthropopitheci, que é distinguible morfoloxicamente do oxiúro humano.Hasegawa et al. 2006 Hugot (1983) considera que hai outra especie que afecta aos humanos chamada Enterobius gregorii, que se supón que é unha especie irmá de E. vermicularis, e ten unha espícula (órgano sexual) lixeiramente máis pequena.Hugot 1983 A existencia desta última especie é controvertida; así, Totkova et al. (2003) consideran que non hai suficientes probas para aceptala,Totkova et al. 2003 e Hasegawa et al. (2006) opinan que E. gregorii é un estadio máis inmaturo de E. vermicularis.Hasegawa et al. 1998 Independetemente do seu status como especie ou non, E. gregorii considérase clinicamente idéntica a E. vermicularis.

Morfoloxía miniatura|dereita|Dúas femias de oxiúros preto dunha regra milimetrada. A femia adulta ten un extremo posterior con forma de punta aguda (de onde vén o nome de oxiúro = cola aguda), ten unha lonxitude de 8 a 13 milímetros, e 0,.5 milímetros de grosor.Gutiérrez 2005, p. 354. O macho adulto é considerablemente menor, de 2 a 5 mm de longo e 0,2 de grosor, e ten un extremo posterior curvado. Os ovos son translúcidos e teñen unha superficie que se adhire doadamente aos obxectos do seu ambiente. Os ovos son algo ovoides e miden de 50 a 60 micrómetros por 20 a 30 micrómetros, e teñen unha grosa cuberta que está aplanada por un lado. O pequeno tamaño e a falta de cor dos ovos fan que sexan invisibles a simple vista, agás que se trate dun grupo de miles de ovos. Os ovos poden conter un embrión en desenvolvemento ou unha larva de oxiúro completamente formada. A larva medra ata os 140–150 micrómetros de longo.Cook 1994, p. 1159

Distribución Os oxiúros están distribuídos por todo o mundo,Gutiérrez 2005, p. 355. e causan as infestacións por vermes parasitos máis comúns en Europa Occidental, Estados Unidos e Australia.Burkhart & burkhart 2005, p. 837 Os oxiúiros son especialmente comúns en nenos, cunha prevalencia neste grupo de idade do 61% na India, 50% en Inglaterra, 39% en Tailandia, 37% en Suecia, e 29% en Dinamarca, por exemplo. O hábito de chuchar os dedos de moitos nenos incrementa a incidencia e a reaparición da infestación, e comer as uñas ten un efecto similar.Cook 1994, p. 1160 Como se transmite de hóspede a hóspede por contaminación, os oxiúros son comúns entre as persoas que viven en estreito contacto, e tende a aparecer en todas as persoas que viven na mesma casa. A prevalencia dos oxiúros non está asociada co sexo, nin coa clase social, raza ou cultura. En realidade, os oxiúros son unha excepción ao principio xeral de que os parasitos intrestinais son pouco comúns en comunidades prósperas e desenvolvidas. O exemplo máis antigo coñecido da presenza de oxiúros son ovos destes animais atopados en coprólitos (feces fosilizadas), datados no ano 7837 aC atopadas no oeste de Utah.

Ciclo de vida miniatura|Ciclo de vida dos oxiúros. O ciclo de vida completo de ovo a adulto destes animais ten lugar no tracto gastrointestinal dun só hóspede humano. Cook et al. (2009) e Burkhart & Burkhart (2005) non están de acordo sobre a duración do proceso, que para Cook et al. é de dúas a catro semanas,Cook et al. 2009, p. 1516 e para Burkhart & Burkhart de catro a oito semanas.

O ciclo empeza cando unha persoa inxire os ovos. Os ovos eclosionan no duodeno. As larvas de oxiúro emerxentes medran rapidamente ata un tamaño de 140 a 150 micrómetros, e migran ao longo do intestino delgado cara ao colon. Durante esta migración mudan a pel dúas veces e fanse adultos. As femias viven de 5 a 13 semanas, e os machos unhas 7 semanas. O apareamento entre machos e femias ten lugar no íleo, e despois os oxiúros xeralmente morren,Garcia 1999, p. 246 e son evacuados coas feces.Caldwell 1982, p. 307. A femia grávida establécese no íleo, cego, apéndice vermiforme e colon ascendente, onde se adhiren á mucosa intestinal e inxiren os contidos do colon. Case todo o corpo dunha femia grávida está cheo de ovos, e estímase que poden chegar a conter de 11.000 a 16.000 ovos. O proceso de posta dos ovos empeza aproximadamente cinco semanas despois da inxestión inicial dos ovos polo hóspede humano. As femias grávidas migran polo colon cara ao recto a unha velocidade de 12 a 14 centímetros por hora. Emerxen do ano, e mentres se moven sobre a pel da área que rodea ao ano van depositando os ovos nos pregamentos perianais de tres formas posibles: (1) contraéndose e expulsando os ovos, (2) morrendo e desintegrándose liberándoos, ou (3) por rotura do corpo debido a que o hóspede rasca esa rexión para aliviar o proído. Despois de deposiitar os ovos, a femia faise opaca e morre. A razón de que a femia emerxa polo ano é para obter o oxíxeno necesario para a maduración dos ovos.

Transmisión

Os oxiúros transmítense de humano a humano, ao inxerirse os ovos ou por inserción anal. Os ovos son resistentes e poden permanecer viables nun ambiente húmido ata tres semanas. Non toleran ben a calor, pero poden sobrevivir a baixa temperatura: 2/3 dos ovos son aínda viables despois de 18 horas a −8 °C.

Unha vez que os ovos foron inicialmente depositados preto do ano, son rapidamente transmitidos a outras superficies por contaminación. A superficie dos ovos é pegañenta cando os depositan, e os ovos son rapidamente transmitidos desde o seu depósito inicial preto do ano ás uñas dos dedos, mans, roupas de durmir e sabas da cama. Desde alí, os ovos poden transmitirse á comida, auga, mobles, xoguetes, pezas do cuarto de baño e outros obxectos. Os animais mascotas poden con frecuencia levar ovos na súa pelaxe, aínda que eles non están infectados.Caldwell 1982, p. 308. O po das casas que contén ovos pode ser levado polo vento, o que axuda a dispersar os ovos, por exemplo ao sacudir roupa de cama. En consecuencia, os ovos poden entrar na boca e o nariz por inhalación, e despois son tragados. Aínda que xeralmente os oxiúros non se multiplican estritamente falando dentro de corpo humano (só se aparean), algunhas poucas larvas poden eclosionar na mucosa anal, e migraren polo intestino arriba do seu hóspede orixinal. Este proceso chámase retroinfección. Segundo Burkhart (2005), cando ocorre unha retroinfección, causa unha carga parasítica maior e iso asegura a continuidade da infestación polo oxiúro. Esta opinión é contraria á que mantén Caldwelli (1982), que afirma que a retroinfección é rara e non é clinicamente significativa. Malia a limitada duración da vida dos oxiúros, de poucas semanas, a autoinfección (é dicir, a infección do hóspede orixinal a el mesmo), pola ruta ano-boca ou por retroinfección, fai que os oxiúros poidan habitar no mesmo hóspede indefinidamente.

Patoloxía

Nos humanos, o E. vermicularis causa a enterobíase ou oxiuríase, cuxo principal síntoma é un proído anal. Normalmente permanece no intestino e non pasa ao sangue nin a outros órganos. Os produtos principalmente usados para o tratamento son Albendazole ou Mebendazole; outra alternativa é o Payrantel Pamoate.

Galería de imaxes

Notas e referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Enterobius vermicularis libraría de imaxes en DPD

Categoría:Nematodos Categoría:Parasitos