Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría, bañada pola Ría de Corcubión. Segundo o IGE en 2022 tiña 603 habitantes (322 mulleres e 281 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.

A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico. A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.

thumb|center|x200px|O Ézaro desde o miradoiro.

Galería de imaxes

Etimoloxía Ézaro ou Ésaro (con seseo) vén do medieval Isaro, que tería unha orixe hidronímica indoeuropea cunha raíz eis- ou is-: moverse rapidamente ou violentamente, referido ao tramo final do río Xallas cando cae na fervenza de nome Ézaro. A raíz está viva en verbos do sánscrito como ísyati (bulir), ésati (esvarar). En Italia existe o río Esaro, afluente do Crati, coa mesma orixe. En Francia existe o río Isère, afluente do Ródano, en Aragón o río Esera, afluente do Cinca. En Baviera o Isar, afluente do Danubio, en Flandres o Yser ou Ijzer, o Eisrà en Lituania e casos británico deformados.Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Lugares e parroquias Lugares do Ézaro

Parroquias de Dumbría

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Dumbría Fervenza do Ézaro

Ligazóns externas Páxina dedicada ao Ézaro

Categoría:Parroquias de Dumbría Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Uxía Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía