O Réquiem en re menor K. 626 de Wolfgang Amadeus Mozart é a última composición do compositor austríaco, composta en 1791 e inconclusa á morte do compositor.

Historia En xullo de 1791, o Conde Franz von Walsegg encargoulle a Mozart a realización dunha misa de requiem, por mediación dun cabaleiro descoñecido identificado como Franz Anton Leitgeb. Aínda que a comezos dese verán comezou a súa composición, o seu traballo nas óperas La clemenza di Tito e Die Zauberflöte fixo que ata o outono dese ano non progresara moito na súa composición. Segundo parece, o Conde Walsegg (un amante da música que tiña por costume encargar partituras a compositores célebres para facelas pasar por propias) fixo chegar a Mozar por medio dun criado enmascarado o encargo dunha misa de defuntos que posteriormente sería interpretada no enterro da súa muller acabada de falecer e adxudicarse a súa autoría, outros apuntan a que o visitante descoñecido non era máis que a personificación, por exemplo un composto alucinatorio que representara a un ser humano.

O praguense Franz Xaver Niemetschek, autor da primeira biografía de Mozart, describe do seguinte xeito no que se produciu o encargo do Requiem:

Polo tanto, segundo Niemetschek as circunstancias do encargo foron as usuais na época. O prezo do encargo ascendía a 50 ducados, o que equivalería a uns 2.700 euros da actualidade. O biógrafo checo describe a relación entre o compositor e o mensaxeiro descoñecido como normal ata un episodio no que o matrimonio Mozart saía da súa casa e unha man tirou o abrigo de Constanze, tratábase do mensaxeiro descoñecido, que quería interesarse polos progresos do encargo, o que levou a Mozart sospeitar do estraño.

É un feito probado que durante a súa enfermidade final, durante a cal recibiu os coidados da súa esposa Constanze e da súa irmá máis nova Sophie e foi atendido polo doutor Nicolaus Closset, a súa mente estivera ocupada coa finalización do seu Réquiem. Finalmente a obra foi rematada polo seu alumno e colaborador Franz Xaver Süßmayr, quen engadiu algunhas partes instrumentais e compuxo tres números máis: o Sanctus, o Benedictus, e o Agnus Dei, en parte tomando música que xa compuxera para unha sección anterior, se ben as evidencias de que ditara pasaxes a Süßmayr son moi remotas.Solomon, p. 493Solomon, p. 588

Orquestración A partitura de Mozart require da utilización da seguinte orquestra.

Instrumentación do Réquiem en re menor |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 2 corni di bassetto en Fa, 2 fagotsMetais |- | | 2 trompetas en Re, 3 trombóns (alto, tenor e baixo) |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión Timpani (2)Cordas |- | | Violíns (I e II), violas |- | bgcolor="#FFECB2"|Basso continuo Violonchelo, contrabaixo e órgano

Ademais do elenco orquestral, o Réquiem en re menor de Mozart está escrito para catro voces solistas (soprano, contralto, tenor e baixo) e coro mixto a catro voces (soprano, alto, tenor e baixo).

Estrutura NúmeroParteSecciónIntérpretesTonalidadeNotasIIntroitusRequiem aeternamCoro e sopranoRe menorIIKyrie eleisonCoroRe menorIIISequenzIIIaDies iraeCoroRe menorIIIbTuba mirumSolistasSi bemol MaiorIIIcRex tremendaeCoroSol menorIIIdRecordareSolistasFa MaiorIIIeConfutatisCoroLa menorLacrimosa attaccaIIIfLacrimosaCoroRe menorIVOffertoriumIVaDomine Jesu ChristeCoro e solistasSol menorIVbHostias et precisCoroMi bemor MaiorVSanctusCoroRe MaiorVIBenedictusSolistasSi MaiorVIIAgnus DeiCoroRe menorVIIICommunioLux aeternaSoprano e coroRe menor

O manuscrito na Exposición Universal de 1958 right|miniatura|O manuscrito de Mozart coa esquina perdida. O manuscrito do Réquiem foi exhibido durante a Exposición Universal de 1958 celebrada en Bruxelas. Nalgún momento da feira, alguén puido ter acceso ao manuscrito, arrincando un anaco da esquina inferior dereita da penúltima páxina (folio 99r/45r), que contén as palabras "Quam olim d: C:" (unha indicación de que a fuga "Quam olim" do Domine Jesu debía ser repetido "da capo", ao final de Hostias). O autor non foi identificado e o fragmento non foi recuperado.

Se a teoría da autoría máis común é real, as palabras "Quam olim d: C:" poderían ter sido as últimas palabras escritas por Mozart antes de morrer. É probable que quen roubou o fragmento pensara que fora así.

O Réquiem na literatura Na súa obra Motsart i Salyeri, Alexander Pushkin narra o encargo do Réquiem a Mozart do seguinte xeito en palabras de Mozart:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 20px Requiem en re menor de Mozart pola Wiener Philharmoniker dirixida por Herbert von Karajan (en YouTube) 20px Requiem de Mozart pola Orquestra e Coro da OSG dirixida por Richard Egarr (en YouTube)

Categoría:Réquiems Categoría:Composicións sacras de Wolfgang Amadeus Mozart Categoría:Composicións musicais de 1791