O ébano (Diospyrus ebenum) é unha árbore asiática do xénero Diospyrus, da familia das ebenáceas propia de zonas tropicais caracterizada por ter o tronco groso, copa ancha, froitos en forma de baga e madeira de cor negra, moi dura e resistente.

Fornece unha madeira do mesmo nome dura e máis ou menos escura, empregada en ebanistaríaDiccionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999.

Por extensión falamos da cor ébano cando queremos falar da cor negra, intensa e brillante.

miniatura|240px|Detalle da planta miniatura|240px|Vista da árbore

Etimoloxía O termo galego-portugués ébano vén do latín ebĕnus, e este do grego ἔβενος. A palabra ebanista/ebanistaría ten a orixe na persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas.

Descrición É unha árbore moi vizosa que pode acadar os 10 ou 12 m de altura. Ten follas miúdas e polo xeral é moi espiñenta; cada espiño pode chegar a medir 2 cm de longo. Acada o seu pleno crecemento en 5 a 6 anos, posúe talos moi grosos e o seu toro úsase en ebanistaría polo duro da madeira (de feito o temo ebanista vén da persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas). Produce un froito en forma de vaíña comestíbel que garda no seu interior de 6 a 12 sementes chamadas maguacatas ou mahuacatas. Estas son de cor café escuro cando están maduras. As vaíñas cando están ben chegadas caen da árbore e espallan as sementes polo chan permitindo a xerminación das mesmas. A semente cómese torrada, ten un sabor semellante ao pistacho. Noutrora usábanse coma laxantes naturais ao consumilas verdes. miniatura|240px|Vista da árbore miniatura|240px|No seu hábitat miniatura|240px|Detalle do tronco

Distribución É orixinaria da India e de Sri Lanka. Esta árbore está en risco extremo de se extinguir pola desforestación por parte dos campesiños para produción agrícola e uso da madeira.

Especies relacionadas Outra especie do mesmo xénero Diospyros crassiflora, o ébano de Gabón, (nativo do oeste de África), produce unha madeira semellante e de calidade tamén chamada de ébano. Esta especie africana é chamada “mpingo” en África Oriental, e “zebrawood” en Suráfrica: Dalbergia melanoxylonDistribución en Tropicos. Outra especie tamén coñecida como ébano é Diospyros virginiana, americana e con plantacións no estado de Tamaulipas e Nuevo León en México, e ao Sur de Texas, nos Estados Unidos; porén esta última dá unha madeira de peor calidade. A especie Diospyros digyna é un parente achegado do ébano; de madeira tamén case negra e moi densa.

Madeira de ébano A madeira de ébano ten unha densidade aproximada de 1,5 t/m³ no momento da talla; posteriormente, cando seca, redúcese a 1,35 t/m³, máis de tres veces a densidade da madeira de piñeiro e máis de dúas veces a densidade da teca (Tectona grandis). É unha das madeiras máis duras e pesadas do mundo (non aboia na auga).

O ébano ten unha atractiva cor café escura con veas negras, que son predominantes e o seu aspecto é case negro. Atópase en preto de vinte países de África, dentro do triángulo comprendido entre Sudán, Angolae o Cabo Oriental en Suráfrica. Na maioría dos lugares medra coma un arbusto. Só medra coma árbore en certas partes do Mozambique, Tanzania, Zambia, e a República Democrática do Congo.

Os grandes toros poden acadar un diámetro de 6 dm; un tronco curto pesa entre 800-1000 kg. Troncos deste tamaño son escasos, pois se necesitan máis de 200 anos para lograr ditas dimensións. Esta madeira é un estándar para a fabricación de instrumentos de vento (clarinetes, óboes, cornos ingleses) e para múltiples partes de instrumentos de corda (diapasóns, clavecín e cordais de violíns, violoncello, contrabaixos etc.)

A súa valiosa madeira tamén se utiliza para a fabricación de mobles finos.

Taxonomía Diospyros ebenum foi descrita por J.Koenig ex Retz. e publicado en Physiographiska Sälskapets Handlingar 1: 176. 1776. Etimoloxía científica Diospyros: nome xenérico que provén de (διόσπυρον) do grego Διός "de Zeus" e πυρός "gran", "trigo" polo que significa orixinalmente "gran ou froito de Zeus". Os autores da Antigüidade usaron o vocábulo con sentidos diversos: Teofrasto menciona un diósp¯yros –unha árbore con pequenos froitos comestíbeis de carabuña dura–, o que segundo semella é o lodoeiro (Celtis australis L., ulmáceas), e Plinio o Vello (27.98) e Dioscorides usárono con outro nome grego lithóspermon, de líthos = pedra e spérma = semente, e que habitualmente se identifica co Lithospermum officinale L. (boragináceas). Carl von Linné colleu o nome xenérico de Dalechamps, quen chamou ao Diospyros lotus "Diospyros sive Faba Graeca, latifolia".Michael L. Charters, California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - A Dictionary of Botanical and Biographical Etymology

ebenum: epíteto latino que significa "de ébano".En Epítetos Botánicos Sinonimia Diospyros assimilis Bedd. Diospyros ebenaster Retz. Diospyros glaberrima Rottler Diospyros laurifolia A.Rich. Diospyros melanoxylon Willd. Diospyros membranacea A.DC. Diospyros reticulata var. timoriana A.DC. Diospyros timoriana (A.DC.) Miq.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. Fl. N. Amer. 8: i–xxiv, 1–585. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. ORSTOM. 1988. List Vasc. Pl. Gabon Herbier National du Gabon, Yaounde. Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainesville. Outros artigos Diospyros (xénero) Ebenaceae (familia) Ligazóns externas

cites.org Para as especies aceptadas como en risco de extinción e con restrición de mercados

Ebano Ebano Ebano Ebano Categoría:Plantas descritas en 1776