Este artigo trata sobre a auga saturada de sal, para as personaxes mitolóxicas, véxase o artigo Moiras.

miniatura|180px|Engadir sal á auga produce unha moira. A moiraNomes galegos en Portal das Palabras - http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=moira&sinom=0&homonimo= ou salmoira é a auga saturada de sal, particularmente aquela na que se conservan carnes, peixes e outros alimentos. É unha auga cunha alta concentración de sal (NaCl) disolta. Existen ríos e lagos salgados onde non hai vida polo exceso de sal e de onde se extrae a moira, principalmente para obter o seu sal evaporando a auga en salinas. A moira pode ser velenosa para algúns animais que beben desta.

Por extensión, tamén se lle chama moira a disolucións altamente concentradas doutros sales. Son exemplos disto a moira de cloruro de calcio e a de dicromato sódico.

A salmoira distínguese da auga salobre en que esta última ten unha menor concentración de sal.

Usos En 1800, Alessandro Volta usou a moira xunto co cobre e o cinc para crear a pila voltaica.

Outros usos máis comúns son:

Para a conservación e curado de certos alimentos, ademais de funcionar como un elemento culinario. Almacenado en frascos de moira fanse os cogombros ou encurtidos. En sistemas de refrixeración, como medio de transmisión de calor, xa que debido ao seu baixo punto de conxelación (solidificación), utilízase coma refrixerante secundario. Para desfacer a neve en estradas. Para a purificación e limpeza do mesmo sal, para o uso deste en aplicacións de consumo humano e noutras actividades que requiren sal de alta pureza. Antigamente, os mariñeiros utilizábana para endurecer ou curtir a pel das mans. Xunto co vapor pode xerar un fluído motor para mover turbinas e xerar electricidade. En procesos de estimulación de pozos de petróleo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Auga de mar

Ligazóns externas

Categoría:Auga Categoría:Técnicas culinarias Categoría:Alimentos