Paraconger é un xénero de peixes da orde dos angüiliformes pertencente á familia dos cóngridos, subfamilia dos batimirinos.The Taxonomicon
Características As principais cartacterísticas das especies do xénero son:Discover Life Marine Species Identification Portal
Corpo robusto, alongado, cilíndrico e sen escamas. Fociño arredondado. Ollos grandes. Presenta, en ambos os dous maxilares, unha fileira externa de dentes incisiformes e moi xuntos que forman un fío cortante. Tamén posúe outros dentes cónicos e pequenos. Nariz frontal tubular, preto da punta do fociño. Aletas pectorais moi ben desenvolvidas. As aletas dorsal e anal conflúen coa aleta caudal. Non presentan aletas pelvianas. Cola máis longa que a cabeza e o resto do corpo.
Distribución xeográfica
As especies deste xénero encóntranse en todos os océanos e mares de clima tropical e temperado cálido do mundo.
Especies Segundo o WoRMS e máis o SIIT, o xénero comprende as seguintes sete especies:Paraconger Kanazawa, 1961 no WoRMS. Paraconger Kanazawa, 1961 no SIIT.
Paraconger californiensis Kanazawa, 1961 Paraconger caudilimbatus (Poey, 1867) Paraconger guianensis Kanazawa, 1961 Paraconger macrops (Günther, 1870) Paraconger notialis Kanazawa, 1961 − Congro da Guinea Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103. Paraconger ophichthys (Garman, 1899) Paraconger similis (Wade, 1946)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Cóngridos Batimirinos
Ligazóns externas Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2011): Especies de Paraconger en FishBase.
Categoría:Angüiliformes