Eurovisión é unha rede iniciada no 1954 que forma parte da Unión Europea de Radiodifusión, xurdida á súa vez no 1950 como un sistema de cooperación internacional de radiodifusión. A rede de Eurovisión foi creada co propósito de intercambiar programas de televisión e, como consecuencia, retransmisións de noticias a través do Eurovision news exchange. Actividades As principais actividades que realiza a rede de Eurovisión son: O intercambio de información entre as distintas cadeas de TV e radio. A negociación dos dereitos de retransmisión de eventos deportivos. A organización e a retransmisión dos eventos deportivos e culturais, así como do Festival da Canción de Eurovisión.

Véxase tamén Unión Europea de Radiodifusión

Categoría:Unión Europea de Radiodifusión