San Vicenzo de Cuns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 243 habitantes, sendo 120 homes e 123 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 379 habitantes (192 mulleres e 187 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes.
Na parroquia existe unha lagoa que segue mantendo o seu encanto a pesar de que parte da súa contorna está nun estado de abandono.
Toponimia Non dispoñemos de información para os topónimos de Cuns, As Albres, Moucos e Sordíns. Para os demais lugares séguense as ideas propostas, basicamente, por Fernando Cabeza Quiles.
A Balsa: este nome ten unha orixe prerromana cun primeiro significado de sitio ou valgada encharcada e máis tarde relacionado co de caixa, dorna embarcación. Tamén propón a idea de que estea relacionada cun oco de terreo que se enche de auga. Desde logo que a auga alí non escasea. A Gandriña tería certa relación cun terreo inculto e pedregoso. O diminutivo -iña fai alusión a un pequeno tamaño. O Igrexario alude aos predios dependentes ou propiedade da Igrexa. O Pazo da Trabe: Pazo viría do termo latino palatius, relacionado con casas ou mansións señoriais; o segundo termo, na actualidade, ten o significado de elemento sustentador da teitume dunha casa. O Pazo Vello: a explicación iría no senso do topónimo anterior e faría alusión a un pazo máis antigo. Rial: o máis probable é que proceda da voz regale, derivada de rego, e faría referencia a pequenas correntes de auga. O Rueiro podería estar relacionado cunha rúa estreita e de pouca importancia.
Lugares e parroquias Lugares de Cuns
Parroquias de Coristanco
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Coristanco Ligazóns externas Cuns na web do concello de Coristanco
Categoría:Parroquias de Coristanco Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía