Riot! é o segundo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Paramore, publicado nos Estados Unidos o 12 de xuño de 2007 e no Reino Unido o 25 de xuño a través do selo Fueled by Ramen. O disco foi certificado platino nos Estados Unidos e en Irlanda, e ouro no Reino Unido. Riot! tivo catro sinxelos: "Misery Business", "Hallelujah", "Crushcrushcrush" e "That's What You Get".

"Misery Business" está incluída nos videoxogos Saints Row 2, NHL 08, Rock Band 3 e Guitar Hero World Tour, mentres que "That's What You Get" aparece como canción xoogable en Rock Band 2. "Crushcrushcrush" podemos atopala en Guitar Hero On Tour: Decades e está dispoñible como tema descargable para xogalo nos tres xogos de Rock Band. Unha versión da canción tamén aparece en Ultimate Band.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Paramore Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums producidos por David Bendeth Categoría:Álbums de Fueled by Ramen