John Dewitt Kuester, Jr., nado o 6 de febreiro de 1955 en Richmond, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na National Basketball Association (NBA) dende 1977 ata 1980, e logo comezou a súa etapa coma adestrador na NCAA, antes de ser adestrador asistente de varios equipos da NBA. O 9 de xullo de 2009 foi contratado coma adestrador principal dos Detroit Pistons, equipo ó que adestrou dúas tempadas.
Xogaba na posición de base e na universidade xogou para os North Carolina Tar Heels, dende 1973 ata 1977.
Traxectoria profesional Xogador Kuester foi seleccionado na 53ª posición do Draft da NBA de 1977 polos Kansas City Kings. Alí xogou 78 partidos na tempada 1977-78, onde conseguiu 4.8 puntos, 3.2 asistencias e 1.5 rebotes por partido. Nas outras dúas tempadas coma xogar, estivo unha tempada nos Denver Nuggets e outra nos Indiana Pacers.
Adestrador Kuester comezou a súa carreira coma adestrador na Universidade de Richmond, onde foi asistente de 1980 a 1981. De 1981 a 1983, foi asistente de Rick Pitino na Boston University, antes de ser o seu substituto en 1983. De 1985 a 1990, foi o adestrador principal da Universidade George Washington.
Despois da NCAA, deu o salto á NBA, onde estivo de adestrador asistente nos Boston Celtics, Philadelphia 76ers en dúas etapas diferentes, Detroit Pistons, New Jersey Nets, Orlando Magic e Cleveland Cavaliers, antes de conseguir o seu primeiro posto coma adestrador principal nos Detroit Pistons, na tempada 2009-10. O 5 de xuño de 2011, foi despedido do seu posto.
O 29 de xuño de 2011, foi contratado coma adestrador asistente dos Los Angeles Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de John Kuester na NBA Perfil de John Kuester coma adestrador
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Kansas City Kings Categoría:Xogadores dos Kansas City Kings Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores asistentes dos Boston Celtics Categoría:Adestradores asistentes dos Philadelphia 76ers Categoría:Adestradores asistentes dos Detroit Pistons Categoría:Adestradores asistentes dos New Jersey Nets Categoría:Adestradores asistentes dos Orlando Magic Categoría:Adestradores asistentes dos Cleveland Cavaliers Categoría:Adestradores asistentes dos Los Angeles Lakers Categoría:Adestradores dos Detroit Pistons Categoría:Nados en Richmond, Virxinia Categoría:Nados en 1955