Come On Die Young (tamén coñecido como CODY) é o segundo álbum da banda escocesa de post-rock Mogwai, publicado o 29 de marzo de 1999 a través do selo Chemikal Underground.
Listaxe de cancións
Información Na portada do disco aparece o rostro do baixista Dominic Aitchison, nunha imaxe inspirada no personaxe de Pazuzu do filme O exorcista. O tema "Punk Rock" inclúe a voz de Iggy Pop nunha entrevista de Peter Gzowski emitida pola CBC o 11 de marzo de 1977."Punk rock comes to Canada", entrevista de Peter Gzowski a Iggy Pop, 11 de marzo de 1977 A primeira versión da canción "Helps Both Ways" incluía a voz do comentarista John Earl Madden no primeiro cuarto do encontro de fútbol americano entre San Francisco 49ers e Green Bay Packers, da Conferencia Nacional da NFL, xogado o 11 de xaneiro de 1998 no Candlestick Park de San Francisco. Porén, xa que non tiñan licenza para utilizar o corte de son, este anaco foi substituído por outro comentarista de fútbol americano dun partido afeccionado. A canción "Waltz for Aidan" seguramente estea adicada a Aidan Moffat, da banda escocesa Arab Strap, quen canta nas cancións "R U Still in 2 It" e "Now You're Taken" nos discos de Mogwai Mogwai Young Team e 4 Satin respectivamente. A banda de post-black metal Deafheaven fixo unha versión de "Punk Rock" e "Cody" no seu EP Deafheaven / Bosse-de-Nage, publicado en 2012.
Notas
Categoría:Álbums de Mogwai Categoría:Álbums musicais de 1999 Categoría:Álbums producidos por Dave Fridmann Categoría:Álbums de Chemikal Underground