O LIX Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar os días 6, 8 e 10 de maio de 2014 no B&W Hallerne, na cidade de Copenhaguen, Dinamarca trala vitoria deste país na edición do 2013 coa canción "Only teardrops" de Emmelie de Forest. O festival celebrouse no B&W Hallerne, un vello estaleiro que foi reconvertido en sala de concertos, situado na illa de Refshaleøen.

37 países participaron no evento como representantes de cadeas de televisión nacionais pertencentes a Unión Europea de Radiodifusión. Bulgaria, Chipre, Croacia e Serbia anunciaron a súa retirada temporal a partir desta edición. Ademais, a Polonia e Portugal volveron á competición tras un hiato. O lema do festival foi "Join Us" (Únete a nós en galego). Finalmente alzouse coa vitoria a canción Rise like a phoenix da austríaca Conchita Wurst.

Un acontecemento importante desta edición foi a asistencia da familia real dinamarquesa durante as semifinais e a final do sábado, asistindo en calidade de invitados. Entre os asistentes estiveron o príncipe herdeiro á coroa Federico de Dinamarca e a princesa María, ambos en compañía dos seus fillos.

Organización Sede do festival Segundo confirmou a televisión danesa DR o 20 de maio de 2013, dous días despois de gañar o festival, as cidades de Copenhaguen, Herning e Aarhus xa presentaran inicialmente a súa candidatura para ser sede do evento. Pero esta última decidiu retirala para dar o seu apoio oficial a Herning. O 22 de maio as cidades de Aalborg e Fredericia tamén anunciaron o seu interese por albergar o festival, a ambas as dúas uniuse Horsens ao día seguinte.

Finalmente, o 2 de setembro de 2013, a emisora DR anunciou oficialmente que Copenhaguen sería a cidade sede do festival, sendo B&W Hallerne na illa de Refshaleøen o recinto onde se celebrarán as tres galas, polo que se levarán a cabo diversas reformas no antigo complexo industrial para o seu acondicionamiento. En palabras de Pernille Gaardbo, produtora executiva do Festival, toda a illa transformarase na denominada "Illa de Eurovisión", onde delegacións, prensa e fans poderán estar xuntos. Cabe destacar que Copenhaguen celebrou o Festival de Eurovisión con anterioridade en dúas ocasións: en 1964 e en 2001. Ademais, foi sede do especial 50 aniversario do Festival no ano 2005 Países participantes O día 9 de xaneiro saíu a primeira lista oficial de participantes, no que Eslovenia deixaba no aire a súa participación. O día 17 de xaneiro confírmase a participación de Eslovenia, pechando así a lista de participantes do 2014.

En xullo de 2013, a canle pública de Luxemburgo, a RTL, confirma que non regresará ao festival polo escaso presuposto que ten este. Posteriormente, en setembro de 2013, Eslovaquia anuncia a través do seu twitter oficial que, por segundo ano consecutivo ausentaríanse no festival. Do mesmo modo, a RTVA de Andorra anunciou que non regresaría ao festival debido a razóns económicas. Mentres, a 1 FLTV de Liechtenstein informou que non tiña plans de debutar en Eurovisión debido a que aínda non son membros activos da UER. Días despois, Marrocos anunciou que de momento non teñen intención de volver ao festival, pero non descartan a idea de volver algún día. Posteriormente, a canle TMC de Mónaco confirmou que este ano tampouco tiñan intención de volver ao festival. Da mesma maneira a emisora ČT da República Checa descartou a posibilidade de retornar a esta edición.

O 14 de setembro de 2013, o director xeral da emisora TRT de Turquía, Ibrahim Sahin, anunciou que o seu país non pretende regresar ao festival mentres non se realicen cambios ao actual sistema de votación, tal como a eliminación dos xurados nacionais e do Big 5, polo que ata que iso non aconteza descarta un posible retorno. O 19 de setembro de 2013, a televisión HRT de Croacia anunciou a súa retirada do festival tras 21 aparicións ininterrompidas. Semanas despois a televisión CyBC de Chipre anunciou a súa retirada do certame debido aos recortes de presuposto que sufriu a canle pola crise financeira do país. De igual maneira, durante varias semanas a emisora RTS de Serbia levou a cabo diferentes reunións a fin de encontrar patrocinadores que fagan viable su participación, non obstante, non logrou concretarse polo que tiveron que anunciar o seu retiro. Situación parecida aconteceu con Bulgaria e Bosnia e Hercegovina, que se ben nun primeiro momento confirmaron como probable a súa asistencia tiveron que desistir argumentando os altos custos da cota de participación e os recortes financeiros á cadea BNT e BHRT respectivamente.

Cancións e seleccións País e TV Artista Proceso e data de selección Tradución ao galego Linguas Azerbaidján İctimai TV "Start A Fire" Dilara Kazimova Boyuk Sehne, 02-03-2014 Comeza o lume Inglés Albania RTSH "One Night's Anger" Herciana Matmuja 52º Festivali I Këngës, 28-12-2013 Enfado dunha noite Inglés AlemañaNDR "Is it Right" Elaiza Unser Song für Dänemark, 13-03-2014 É certo Inglés ArmeniaAMPTV "Not Alone" Aram Mp3 Presentación da canción ??-02-2014 (cantante elixido internamente, 31-12-2013) Non estas só Inglés Austria ORF "Rise Like a Phoenix" Conchita Wurst Presentación da canción 07-03-2014 (cantante elixido internamente, 10-09-2013) Erguer como unha Fénix Inglés BélxicaVRT "Mother" Axel HirsouxEurosong, 16-03-2014Bélgica elegirá a su representante el 16 de marzo tras siete galas de Eurosong 2014 http://eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=8996&idioma= Nai Inglés Belarús BTRC "Cheesecake" TEO Eurofest,10-01-2014 Torta de queixo Inglés DinamarcaDR "Cliche love song" Basim http://eurovoix.com/2014/03/08/denmark-basim-has-won/ Dansk Melodi Grand Prix 2014, 08-03-2014 Canción de amor cliché Inglés EsloveniaRTVSLO "Spet" Tinkara Kovac http://eurovoix.com/2014/03/08/slovenia-tinkara-kovac-is-off-to-eurovision/ EMA 2014, 08-03-2014 Novamente Inglés e esloveno Españahttp://www.esctoday.com/68529/eurovision-2014-spain-confirms-participation-copenhagen/TVE "Dancing in the Rain" Ruth Lorenzo ¡Mira quién va a Eurovisión!, 22-02-2014 Bailando na choiva Castelán e inglés Estonia ERR "Amazing" Tanjahttp://eurovoix.com/2014/03/01/estonia-is-off-to-copenhagen/ Eesti Laul 2014, 01-03-2014 Sorprendente Inglés FinlandiaYLE "Something better" Softengine Uuden Musiikin Kilpailu 2014, 01-02-2014 Algo mellor Inglés FranciaFrance 3 "Moustache" Twin Twin http://eurovoix.com/2014/03/02/france-twin-twin-have-been-chosen/ Final Nacional, 02-03-2014 Bigode Inglés, francés Grecia NERIT "Rise Up" Freaky Fortune feat. Riskykidd http://eurovoix.com/2014/03/11/greece-freaky-fortune-feat-riskykidd-are-off-to-copenhagen/ Eurosong 2014, 11-03-2014 Organizado en conxunto con MAD TV e NERIT http://www.esctoday.com/42185/greek-eurovision-hopefuls-announced-tomorrow/ Levantará Inglés HungríaMTV "Running" Kállay-Saunders A Dal 2014, 22-02-2014 Correndo Inglés Irlanda RTÉ "Heartbeat" Cann-Linn feat. Kasey Smith The Late Late Show Eurosong, 28-02-2014 -Latexo do corazón Inglés Islandia RÚV "Enga fordóma" Pollapönk Söngvakeppni Sjónvarpsins 2014, 15-02-2014 Ningún prexuízo Lingua islandesa, inglés IsraelIBA "Same Heart" Mei Feingold Final Nacional (elección de tema), 06-03-2014 (cantante elixido internamente, 11-01-2014) Mesmo corazón Hebreo, inglés Italia RAI "La mia città" Emma Marrone Elección interna, 22-01-2014 A miña cidade Italiano LetoniaLTV "Cake to Bake" Aarzemnieki Dziesma 2014, 22-02-2014 Doce para cociñar Inglés LituaniaLRT "Attention" Vilija Matačiūnaitė Final nacional, 08-02-2014 Atención Inglés A.R.I. Macedonia MKRTV "To the Sky" Tijana Dapčević Presentación da canción 22-02-2014 (cantante elixida internamente, 28-08-2013) Ao ceo Inglés MaltaPBS "Coming Home" FirelightMalta Song For Europe, 08-02-2014 Volvendo á casa Inglés Moldova TRM "Wild Soul" Cristina Scarlat O Melodie Pentru Europa 2014, 15-03-2014 Alma salvaxe Inglés MontenegroRTCG "Moj Svijet" (Мој свијет) | Sergej Ćetković | rowspan="2" |Presentación da canción ??-??-2014(cantante elixido internamente, 19-11-2013) |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | O meu mundo | Montenegrino e Inglés |- | rowspan="2" | NoruegaNRK| "Silent Storm" Carl Espen Melodi Grand Prix 2014, 15-03-2014 Tempestade Silenciosa Inglés Países Baixos AvroTros "Calm After The Storm" The Common Linnets (cantante elixido internamente, 25-11-2013) Calma após a tormenta Inglés Polonia TVP "My Słowianie" Donatan & Cleo Elección interna, ??-??-2014 Nós, os eslavos Polaco, inglés Portugal RTP "Quero ser tua" Suzy Festival da Canção, 15-03-2014 - Reino UnidoBBC "Children of the Universe" Molly Down-Smittens - Nenos do universo Inglés RomaníaTVR "Miracle" Paula Seling & Ovi -Selecţiei Naţionale 2014, 01-03-2014 Milagre Inglés Rusia RTR "Shine" Xemelgas Tolmachevy Kto?, ??-03-2014 Brillar Inglés San Marino SMRTV "Maybe (Forse)" Valentina Monetta Presentación da canción 14-03-2014 (cantante elixido internamente, 19-06-2013) Quizais Inglés Suecia SVT "Undo" Sanna http://eurovoix.com/2014/03/08/sweden-its-sanna-to-copenhagen/Melodifestivalen 2014, 08-03-2014 Desfacer Inglés Suíza SRG SSR "Hunter of stars" Sebalter Die Grosse Entscheidungsshow 2014, 01-02-2014 Cazador de estrelas Inglés Ucraína NTU "Tick-tock" Maria YaremchukFinal nacional, 21-12-2013 - Inglés XeorxiaGPB "Three Minutes to Earth" Mariko Ebralidze & The Shin (cantante elixido internamente, 04-02-2014) Tres minutos prá Terra -

Artistas que regresan Valentina Monetta - 2012, 2013, 2014 Paula Seling & Ovi - 2010

Sorteo de Semifinais O 24 de novembro de 2013, os organizadores do festival decidiron que Suecia e Noruega participasen en semifinais diferentes, para así poder asegurar unha dispoñibilidade de entradas para os países veciños. Un sorteo realizado nas oficinas da UER en Xenebra, Suíza determinou que Suecia actuase na primeira semifinal e Noruega o fixese na segunda semifinal. Posteriormente, decidiuse que Israel participase na segunda semifinal pola coincidencia da primeira cunha festividade relixiosa. Ao resto de países asignaráselles a súa semifinal nun sorteo que se celebrou o 20 de xaneiro de 2014. Neste determinarase tamén a aparición do país, é dicir, se actúan na primeira ou segunda metade das súas respectivas semifinais. Para iso os seis bombos e as semifinais quedaron dispostos do seguinte xeito:

Bombo 0 Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 Bombo 5 Bombo 6 * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

1.ª semifinal6 de maio de 20142.ª semifinal8 de maio de 2014 Con dereito a voto: Con dereito a voto:

Festival Cambio de regras para o xurado O 20 de setembro de 2013 a UER fixo pública unha nova normativa en vigor a partir desta edición, a cal foi aprobada por unanimidade por todos os seus membros como polo Grupo de Referencia do Festival. Segundo o novo ordenamento, os nomes de todos os membros que compoñerán cada xurado nacional daranse a coñecer o 1 de maio, antes do Festival. Así mesmo, a UER publicará a clasificación e votación final presentada por cada membro individual dos xurados nacionais unha vez remate a gran final. Deste xeito, coñeceranse tanto os resultados analizados da votación do xurado, coma os do televoto en cada país. Por outro lado, os profesionais da industria musical que vaian formar parte do xurado, só poderán formar parte deste sempre e cando non fosen xa membros integrantes durante unha das dúas edicións anteriores á presente. Estes cambios, introducidos tras distintas acusacións de manipulacións na votación na edición de 2013, implantáronse, en palabras de Jon Ola Sand, Supervisor Executivo do Concurso, "co fin que os países participantes estean seguros da transparencia do certame e para que os espectadores e os afeccionados saiban que se fará todo o posible para asegurar un resultado xusto, estes cambios mostran que o Festival de Eurovisión é unha tradición en constante evolución, que continúa adaptándose ao espírito dos tempos que corren.

Semifinais