dereita|250px|thumb|Planta da endivia (C. endivia) a florear A endiviaDefinición no Portal das Palabrasda Real Academia Galega - é o rebento de diferentes variedades da chicoria, Cichorium endivia, que se cultivan debaixo da terra dunha maneira especial e presentan unha cor branca verdella e sabor amargo. Adóitanse consumir cocidas ou crúas en ensaladas.

É tamén un dos nomes comúns para variedades da chicoria común (Cichorium intybus), principalmente a chicoria belga ou chicoria francesa. Existe considerábel confusión entre as designacións vulgares de Cichorium endivia e Cichorium intybus.

A endivia é rica en moitas vitaminas e minerais, especialmente vitaminas A e K e folato, fornecendo tamén unha cantidade razoábel de fibra.

Existen dúas variedades principais cultivadas de endivia: A endivia frisada (var crispum). Este tipo ten follas exteriores estreitas, verdes e frisadas. Tamén chamada chicoria frisada ou simplemente chicoria. A escarola (var latifolium). Posúe follas largas de cor verde pálida e é menos amarga que a outra variedade. Tamén denominada chicoria lisa ou endivia de folla larga.

Historia Foi coñecida e consumida polos antigos exipcios, gregos e romanos. Tal como ocorreu con numerosas verduras e hortalizas, a escarola tivo inicialmente unha utilización máis medicinal ca culinaria. Non obstante, na literatura exipcia existen referencias ao consumo desta verdura tanto cocida como crúa, en ensaladas.

A súa introdución en Europa data do século XIII. Na actualidade goza dunha enorme popularidade en todo o continente.

Durante a época invernal a escarola ofrece o seu esplendor e maior calidade, aínda que actualmente se atope no mercado durante todo o ano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Chicoria (Cichorium intybus) Ligazóns externas

Categoría:Hortalizas Categoría:Cichorium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753