Adolfo Baloncieri, nado o 27 de xullo de 1897 en Alessandria e finado o 23 de xullo de 1986 en Xénova foi un futbolista e adestrador de fútbol italiano que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria A súa carreira futbolística transcorreu entre o Alessandria Calcio e o Torino FC, xogando un último ano no Calcio Como, tras o cal se retirou.

Debutou coa Selección de fútbol de Italia o 13 de maio de 1920. O maior logro que acadou coa selección foi o bronce nos Xogos Olímpicos de 1928, sendo el o capitán do equipo. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 1920 e 1924, converténdose así no segundo xogador con máis encontros disputados na competición de Fútbol neste certame deportivo. Coa selección tamén gañou a Copa Internacional de Europa Central disputada entre os ano 1927 e 1930.

En total disputou 47 encontros coa selección, anotando 25 goles, o que o converte no sexto máximo goleador da historia do combinado e no oitavo que máis encontros disputou sendo capitán do equipo.

Palmarés Co Torino FC: Campión da Serie A: 1927/28 Coa Selección de fútbol de Italia: Copa Internacional de Europa Central: 1927/30

Véxase tamén Ligazóns externas Traxectoria como xogador Encontros ca selección de Italia

Categoría:Nados en 1897 Categoría:Nados na provincia de Alessandria Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Unione Sportiva Alessandria Calcio 1912 Categoría:Xogadores do Torino FC Categoría:Xogadores do Calcio Como 1907 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Adestradores de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do Torino FC Categoría:Adestradores do Calcio Como 1907 Categoría:Adestradores do AC Milan Categoría:Adestradores do Novara Calcio Categoría:Adestradores do AC Liguria Categoría:Adestradores do SSC Napoli Categoría:Adestradores do Unione Sportiva Alessandria Calcio 1912 Categoría:Adestradores do FC Chiasso Categoría:Adestradores do UC Sampdoria Categoría:Adestradores do AS Roma Categoría:Adestradores do US Palermo Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Finados en 1986 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Italia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928