Benigno Fernández Salgado, nado en Ferreiravella (concello de Riotorto, Lugo) en 1962, é un escritor, profesor e tradutor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1985) e Doutor en Filosofía pola Universidade de Oxford (1996). Foi asesor lingüístico da TVG (1985-88) e lector nas universidades de Birmingham (1989-91) e Oxford (1991-94). É profesor nas Facultade de Comunicación de Pontevedra e de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, onde imparte as materias de Lingua Galega e Linguaxe Publicitaria nos Graos en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas e en Educación Primaria e Infantil. Compilou o Dicionario Elemental Galego-Inglés Inglés-Galego da Editorial Xerais e coordinou o Dicionario de Dúbidas e o Dicionario de Usos e Dificultades para a Editorial Galaxia.
Obras Diccionario elemental Inglés-Galego / Galego-Inglés, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1999, 384 páx. Os rudimentos da Lingüística galega. Un estudio de textos lingüísticos galegos de principios do século XX (1913-1936), USC, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2000, 353 páx. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, coordinación, Editorial Galaxia, Santiago de Compostela, 2004, 1328 páx. El Agricultor. Agrarismo Solidario e Rexionalismo Lingüístico (2007).
Traducións A liña de sombra de Joseph Conrad, 2000, Ir Indo, despois incluída na Biblioteca Galega de Clásicos Universais. A perla, Editorial Galaxia, Vigo, 2012, 100 páxinas, de John Steinbeck. Diario de Eva, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 1992, 112 páxinas, de Mark Twain (Premio Ramón Cabanillas de Tradución). A morte das linguas, con Mariña Castro Eiroa, Editorial Galaxia, Vigo, 2003, 268 páxinas, de David Crystal. Linguaxe. Introdución ó estudo da fala, Universidade de Santiago de Compostela, 2010, 390 páxinas, de Edward Sapir.
Véxase tamén Bibliografía Artigo "FERNÁNDEZ SALGADO, Benigno" da GEG. Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Vigo