Chambo foi un programa de televisión musical, emitido pola Televisión de Galicia entre 1999 e 2000. Estaba presentado por Belén Regueira e dirixido por Xaime Fandiño. En 1999 recibiu o premio da AGAPI á mellor produción para televisión.O soportal do audiovisual galego Consello da Cultura Galega.
Características O programa, dunha hora de duración, estaba dirixido ao público novo. Incluía entrevistas no plató e a pé de rúa a grupos musicais, xeralmente galegos e españois, de estilos variados, como o metal (Dismal, Barón Rojo...), rock (Killer Barbies), pop (Los Piratas) ou cantautores (Ismael Serrano...). Amais, emitíanse videoclips de grupos de sona (Korn...).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Arantxa Estévez, "O rock galego prescinde da palabra éxito" en Especial Milenio, Edicións A Nosa Terra, 2001, páxina 65. Arturo Maneiro Vila, 25 anos de Televisión de Galicia, de 1985 a 2010, Asociación de Periodistas de Galicia, 2012, p. 213
Ligazóns externas Especial Chambo, na web da CRTVG.
Categoría:Programas culturais da TVG Categoría:Música de Galicia