Póvoa de Lanhoso () é unha vila portuguesa situada no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave, con 21.886 habitantes.
Historia O poboamento destas terras está vinculado á fortificación ancestral do Castelo de Lanhoso. O rei D. Dinis outorgou carta foral á vila en 1292, foro que sería renovado por Manuel I o 4 de xaneiro de 1514.
Demografía É sede dun municipio con 131,99 km² de área e 21.886 habitantes (2011), subdividido en 29 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Amares, ao leste con Vieira do Minho, ao sur con Fafe e con Guimarães e ao oeste con Braga.
Poboación do concello de Póvoa de Lanhoso (1801 – 2011) 1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011 8084 9585 16939 19178 22033 21092 21516 22772 21886
Freguesías Águas Santas Ajude Brunhais Calvos Campos Covelas Esperança Ferreiros Fontarcada Frades Friande Galegos Garfe Geraz do Minho Lanhoso Louredo Monsul Moure Oliveira Póvoa de Lanhoso Rendufinho Santo Emilião São João de Rei Serzedelo Sobradelo da Goma Taíde Travassos Verim Vilela
Patrimonio No patrimonio histórico-artístico de Póvoa de Lanhoso destacan, ademais co castelo, a ponte románica de Mem Gutierres, sobre o río Ave e a igrexa de Fontarcada, tamén románica, pertencente na cía orixe a un mosteiro beneditino extinguido no século XV e do que non quedan restos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Câmara Municipal Póvoa de Lanhoso On-Line
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Braga