miniatura|Afonso XIII e María Cristina a Raíña Rexente. As Eleccións xerais de 5 de abril de 1896 en España foron convocadas na minoría de idade do rei Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes En base ao pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 17 de marzo cae o goberno de Sagasta como consecuencia do asalto ás oficinas dos xornais El Resumen e El Globo que criticaron os destinos militares de Cuba. O 23 de marzo os conservadores de Cánovas del Castillo forman goberno.

Características O 26 de febreiro de 1896 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes para estas eleccións , todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 401 deputados o día 5 de abril de 1896, ademais dos 16 de Porto Rico e os 30 de Cuba.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións ← Eleccións xerais en España, 5 de abril de 1896 → Partit Escons Líder Unión Conservadora Partido Liberal 272 Antonio Cánovas del Castillo Partido Liberal 98 Práxedes Mateo Sagasta Unión Conservadora 12 Francisco Silvela Comunión Tradicionalista 10 Marqués de Cerralbo Republicanos posibilistas independentes 4 Emilio Castelar Católicos independentes 1 Marqués de Santillana Independentes e outros 4 Resultados en Galicia Os deputados elixidos nos distritos de Galicia foron os seguintesAgrupados na provincia A Coruña Calixto Amarelle y Rodríguez Juan Armada Losada Pedro Calderón de la Barca Ceruelo  Juan Fernández Latorre Manuel García Prieto Eduardo Gasset y Chinchilla Rafael Gasset y Chinchilla Guillermo Gil de Reboleño y González Benito María Hermida y Verea Manuel Linares Astray Aureliano Linares Rivas Maximiliano Linares Rivas Antonio del Moral López Alfredo Moreno Moscoso de Altamira Fernando Villaamil y Fernández Cueto Lugo Tristán Álvarez de Toledo y Gutiérrez de la Concha Manuel Baamonde y Guitián Eduardo Cea y Naharro  Fernando Cos Gayón y Pons Enrique Disdier y Crooke Ricardo Fernández Pérez de Soto Guillermo Joaquín de Osma y Scull Benigno Quiroga López Ballesteros Ramón Rebellón Zubiri Pedro Seoane Varela  Nicolás Vázquez de Parga y de la Riva Ourense Gabino Bugallal Araujo Senén Canido y Pardo Eduardo Cobián y Roffignac Luis Espada Guntín Francisco Fernández de Henestrosa y Boza José Galván Llopiz Álvaro López de Carrizosa y de Giles Manuel Quiroga Vázquez Agustín Retortillo y de León Francisco Javier Ugarte y Pagés

Pontevedra Darío Bugallal Araújo Julio Burell y Cuellar Luis Díaz Cobeña Ángel Elduayen y Mathet Francisco de Federico y Martínez Raimundo Fernández Villaverde Miguel López de Carrizosa y de Giles Bernardo Mateo Sagasta Echeverría Ezequiel Ordóñez González Ángel Urzaiz y Cuesta Eduardo Vincenti Reguera

Notas

Véxase tamén Restauración borbónica en España Ligazóns externas Resultados das eleccións Histórico de Deputados

1896 Categoría:1896