The Internship é un filme estadounidense dirixido por Shawn Levy que se estreou no 2013. Foi escrito por Vince Vaughn e Jared Stern, e producido por Vaughn e Levy. O filme está protagonizado por Vince Vaughn e Owen Wilson, na que é a súa terceira colaboración despois de Starsky and Hutch (2004) e Wedding Crashers (2005). A principal localización do filme é o Googleplex, as oficinas de Google preto de San Jose, California.
Sinopse Billy (Vince Vaughn) e Nick (Owen Wilson), dous comerciais de cuarenta anos que perderon o seu emprego, chegan á conclusión de que o seu problema consiste en non terse adaptado ás novas tecnoloxías. Deciden entón buscar traballo na empresa máis popular de Internet: Google. Cando conseguen un contrato en prácticas como bolseiros, veranse obrigados a competir con espelidos mozos universitarios que o saben todo sobre o mundo dixital.
Personaxes Vince Vaughn como Billy McMahon Owen Wilson como Nick Campbell Rose Byrne como Dana Simms Josh Brener como Lyle Spaulding Max Minghella como Graham Hawtrey Joanna García como Megan John Goodman como Sammy Boscoe Jessica Szohr como Marielena Tiya Sircar como Neha Patel Dylan O'Brien como Stuart Twombly Tobit Raphael como Yo-Yo Santos Bruno Amato como Sal B.J. Novak como Male Interviewer Aasif Mandvi como Mr. Roger Chetty Josh Gad como Andrew Anderson Rob Riggle como Randy Will Ferrell como Kevin (sen acreditar) Sergey Brin como El mesmo (cameo) Eric Andre como Sid
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Shawn Levy Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de 21 Laps Entertainment Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Google Categoría:Filmes sobre informática Categoría:Filmes sobre tecnoloxía