miniatura|250px|Conca fluvial do río Mero e Barcés, onde está o río Valiñas. O río Valiñas é un curso fluvial galego.

Curso Nace preto do lugar de Vista Alegre, no concello da Laracha. Logo transcorre polo concello de Culleredo, onde forma o Val de Veiga, e Cambre, formando linde entre os dous ata desembocar no río Mero, na Telva, xa practicamente na ría do Burgo. Na parroquia de Veiga, no concello de Culleredo, únese coas augas de dous regatos procedentes da zona do monte Xalo, o rego do Castelo e o rego da CruzVisor SixPac da Xunta de Galicia, co que forman un caudal considerable.

No seu curso baixo está moi contaminado por motivo da industria construída na súa ribeira e da poboación existente nas inmediacións. No curso medio, e máis ben no curso alto ten unhas condicións non tan degradadas, pero segue recibindo contaminación procedente do mal saneamento dos lugares que están ó seu carón, como por exemplo en Ledoño e Sésamo.

Notas

Valiñas