O Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, tamén coñecido como Meirande, é un museo da Batalla de Rande e o patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande.
Descrición Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira. Durante a segunda guerra mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis á fronte de Otto Gerdtzen Boyé.
A restauración da fachada da fábrica e a construción do museo foi a mans do arquitecto Carlos Falagán Mota, en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo."La obra del museo de la Batalla de Rande..." Faro de Vigo, 11 de xullo de 2012 .
Fíxose con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional."Meirande abrió para quedarse" Atlántico Diario, 2013 .
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Museo do Mar de Galicia Ligazóns externas "Turismo industrial e historias de nazis en la ensenada de San Simón" . 20px Desde Galicia para el mundo TVE .
Categoría:Redondela Categoría:Museos da provincia de Pontevedra Categoría:Enseada de San Simón