Charles Perrault, nado en París o 12 de xaneiro de 1628 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1703, foi un escritor francés. Era irmán de Claude.

Traxectoria Naceu no seo dunha acomodada familia burguesa e protexido de Colbert. Asistiu ás mellores escolas e estudou dereito antes de iniciar unha carreira no servizo gobernamental. Tomou parte na creación da Academia das Ciencias e na restauración da Academia de Pintura. Foi secretario da Academia Francesa desde 1663.

En 1687 escribiu o poema O século de Luís o Grande e, en 1688, Comparación entre antigos e modernos, unha alegación en favor dos escritores "modernos" e en contra dos tradicionalistas.

Aos 55 anos escribiu o libro Contos de mamá ganso. A súa publicación comezou a darlle fama entre os seus coñecidos e significou o comezo dun novo estilo de literatura: os contos de fadas. Para os seus relatos, Perrault recorreu a paisaxes que coñecía como o Castelo de Ussé para o conto de A Bela Dormente.

Publicacións Moitas das historias de Perrault seguen publicándose hoxe en día e convertéronse en óperas, obras de teatro e filmes. Algunhas das historias máis famosas de Perrault son:

La Belle au bois dormant (A Bela Dormente). Le Petit Chaperon rouge (Carapuchiña vermella). Barbe Bleue (Barba Azul). Le Chat botté (O gato con botas). Esta obra foi adaptada por Ánxeles Cuña e representada teatralmente por Sarabela Teatro en galego (A gata con botas, 2004) Cendrillon (Cincenta). Le Petit Poucet (Polgariño).

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1628 Categoría:Finados en 1703 Categoría:Contistas