David Fojo Salgueiro, nado en Ortigueira en 1918 e finado na mesma vila o 2 de maio de 1995, foi un impresor, editor e xornalista galego. Traxectoria Fillo de Jesús Fojo Díaz, fundador e director de La Voz de Ortigueira, semanario que se imprimía nos propios talleres da imprenta Fojo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e despois pasou á Academia Militar de Zaragoza e foi militar. Nos anos 40 fíxose cargo do periódico do seu pai e cando faleceu en 1965 converteuse en director e propietario.

A imprenta Fojo foi o lugar onde se imprimiron -entre finais do século XIX e principios do XX- numerosos periódicos de distinta regularidade (semanal, decenal, mensual...) da comarca ortegana. Tamén foron impresos numerosos libros. A imprenta Fojo era ao tempo unha librería en Ortigueira. Distincións

Recibiu a Medalla de bronce de Galicia en 1994.

Véxase tamén Ligazóns externas David Fojo Rivas, director de 'La Voz e Ortigueira' Diecisiete años después de la muerte de David Fojo

Categoría:Xornalistas de Ortigueira Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes