Manuel Sandomingo Crego, nado en Ortigueira en 1866 e finado na mesma localidade o 27 de xuño de 1915,Necrolóxica en El Noroeste, 28-6-1915, p. 1. foi un empresario, banqueiro e político galego.

Traxectoria Fundou co seu irmán Vicente a empresa Sandomingo, Hermano e Cía, que despois pasou a denominarse Sandomingo, Hermano e Casariego, ao integrarse na mesma Manuel Casariego Bares-Rey. A sección de banca desta empresa foi absorbida en 1928 polo Banco Pastor, convertendose na sucursal local desta entidade bancaria.

No ámbito político pertencía a facción monterista do partido Liberal. Foi alcalde de Ortigueira de 1902 a 1912. Foi elixido deputado provincial polo distrito Ferrol-Ortigueira en 1913.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña

Categoría:Nados en Ortigueira

Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1915

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes