En química, un carbino é un tipo de composto que contén un átomo de carbono univalente electricamente neutro con tres electróns non enlazados conectado con outro átomo por enlace simple.IUPAC, Compendium of Chemical Terminology, 2a ed. (the "Gold Book") (1997). Versión corrixida online: (2006–) "carbinos" Un carbino ten a fórmula xeral R-C3•, onde R é un grupo monovalente e o 3• indica tres valencias non enlazadas.
É máis forte e máis ríxido que calquera outro material coñecido. De feito, o carbino é aproximadamente dúas veces máis forte que o grafeno e os nanotubos de carbono, que ata hai pouco eran os materiais máis fortes. O carbino ten unha longa lista de propiedades infrecuentes e moi desexables que o converten nun material interesante para unha ampla gama de aplicacións. Os carbinos foron nomeados polo seu composto máis simple, o HC3•, o radical metilidino ou carbino (non substituído).
Fase gasosa/intermediario reactivo Un carbino pode obterse como un intermediario reactivo de curta duración. Por exemplo, o fluorometilidino (CF) pode detectarse en fase gasosa mediante espectroscopía como un intermediario na fotólise flash do CHFBr2. O átomo de carbono está xeralmente nun estado electrónico de dobrete: os electróns de valencia dispóñense como un radical (electrón desapareado) e un par de electróns, deixando un orbital atómico vacante, en vez de comportarse como un tri-radical. O átomo de carbono ten unha hibridación complexa, así que a análise da Regra de Hund simple dun átomo simple que contén tres orbitais p (ou catro orbitais híbridos sp3) non é correcto.
|100px|miniatura|dobrete (1 radical, 1 par, 1 orbital vacante). |100px|miniatura|cuartete (3 radicais).
Ligando organometálico Os carbinos incorpóranse a complexos con metais de transiciónDetalles da súa reactividade e a dos carbenos relacionados móstranse neste enlace. como un ligando trivalente. Por exemplo, en [WBr(CO)2(2,2'-bipiridina)C-Aril e [WBr(CO)2(PPh3)2C-NR2]. Un exemplo de como obter tales compostos sería facer reaccionar [W(CO)6] con diisopropilamida de litio para formar [(iPr2N)(OLi)C=W(CO)5]. Despois fáiselle reaccionar ou ben con bromuro de oxalilo ou ben con dibromuro de trifenilfosfina e despois con trifenilfosfina. Outro método é tratar un carbeno metoxi metálico cun ácido de Lewis.
Notas
Categoría:Compostos químicos