El Adelanto foi un periódico editado en Bueu de 1912 a 1913.
Historia e características Subtitulado Periódico quincenal independiente, apareceu o 11 de agosto de 1912. Dirixido por Ricardo Portela Pazos. Foron os seus redactores Claudiano García Santaclara, Cesáreo Ferradás Domínguez, Rogelio Val, Jesús Domínguez, Luis Bolibar, Ignacio Lis, Amancio de la Cueva, José García e Ventura García. Foi monterista e riestrista. Publicou moita poesía en castelán e varios poemas de Valentín Lamas Carvajal e Rosalía de Castro. O último número que se conserva é o 34, do 16 de novembro de 1913.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Bueu
Categoría:1912 en Galicia