The Great Escape Artist é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Jane's Addiction, publicado o 18 de outubro de 2011 a través do selo Capitol Records. É o seu primeiro disco dende o 2003, cando editaron Strays, e conta co multiinstrumentista Dave Sitek no baixo, xunto con Chris Chaney que se reuniu coa banda durante as gravacións. O álbum foi precedido por dous sinxelos, "End to the Lies", lanzado como descarga gratuíta o 7 de abril de 2011, e "Irresistible Force (Met the Immovable Object)", publicado no mes de agosto.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Jane's Addiction Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums producidos por Rich Costey Categoría:Álbums de Capitol Records