O Parque Natural de Arribas do Douro ou Arribes del Duero en castelán, atópase en Castela e León, estendéndose polas provincias de Zamora e Salamanca. Limita ó oeste co Parque Natural do Douro Internacional, en Portugal.

Etimoloxía "Arribes", en feminino, é unha palabra asturleonesa antigamente pronunciada co o fonema schwa, son a medio camiño entre o fonema "e" e "a" castelán, escrita "Arribas" na maneira galego-portuguesa.

Flora Importantes fragas, únicas a nivel europeo, de lodoeiro na zona de Mieza, cunha extensión de 200 hectáreas. Presente a aciñeira, a sobreira, o érbedo e a Juniperus oxycedrus.

Fauna Poboacións senlleiras de cegoña negra, aguia perdiceira e anduriña dáurica. Entre os mamíferos, cómpre salientar a mangosta exipcia, que é unha especie recente no parque, e as diferentes especies de morcegos: o morcego de cova, o Rhinolophus ferrumequinum e o Rhinolophus hipposideros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Patrimonio Natural de Castela e León

Arribas do Douro, Parque Natural de