A D-lactato deshidroxenase (citocromo) (número EC 1.1.2.4) é un encima que cataliza a seguinte reacción química reversible:
D-lactato + 2 ferricitocromo c piruvato + 2 ferrocitocromo c
Este encima pertence á clase das oxidorredutases, especificamente os que actúan sobre o grupo CH-OH do doante cun citocromo como aceptor. O nome sistemático deste encima é (D)-lactato:ferricitocromo-c 2-oxidorredutase. Outros nomes comúns que se lle dan son D-lactato (citocromo) deshidroxenase, D-(-)-lactato deshidroxenase dependente de citocromo, D-lactato-cytochrome c redutase, e D-(-)-láctico citocromo c redutase. Este encima participa no metabolismo do piruvato. Emprega un cofactor, o FAD. Este tipo de encima aparece en animais, fungos, bacterias e recentemente foi atopado en plantas. . Crese que é importante para a desintoxicación do metilglioxal por medio da ruta da glioxilase.
Notas
Véxase tamén Outros artigos L-lactato deshidroxenase L-lactato deshidroxenase (citocromo) D-lactato deshidroxenase Citocromo c
Bibliografía
Boyer, P.D., Lardy, H. e Myrback, K. (Eds.), The Enzymes, 2nd ed., vol. 7, Academic Press, Nova York, 1963, p. 557-565.
Categoría:Oxidorredutases