O signo moeda (¤) é un símbolo tipográfico empregado para indicar unha moeda xenérica ou indeterminada. En ocasións úsase no lugar dun símbolo que non aparece na fonte que se está a empregar, como o colón costarriqueño (). Pode describirse como un círculo de tamaño dunha letra minúscula con catro pequenas pólas a 45, 135, 225 e 315 graos. Represéntase en Unicode co valor U+00A4.

O símbolo aparece nalgúns teclados, como os franceses, dinamarqueses, noruegueses, suecos, finlandeses e estonianos.IBM Logical keyboard layout registry index for countries and regions around the world.

Historia O símbolo foi codificado para as computadoras en 1972 substituíndo o signo do dólar nas variantes nacionais de ASCII. Foi proposto por Italia para permitir unha implementación diferente a ese símbolo.

Significado segundo o contexto O símbolo de moeda ten un significado ambiguo: ¤12.50 pode interpretarse como 12,5 unidades de determinada divisa, pero esta divisa é descoñecida e só pode ser determinada por información allea ao carácter. Por este motivo o símbolo ¤ debería de ser substituído polo glifo apropiado (₤, ¥, ฿, ₱…) cando sexa posible para que o receptor poida entendelo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Moeda Símbolos monetarios

Categoría:Moedas Categoría:Tipografía