Il Decameron é un filme italiano de 1971 dirixido por Pier Paolo Pasolini. Baséase nalgúns contos do Decamerón, de Giovanni Boccaccio, e constitúe a primeira parte da Triloxía da vida do director.
Argumento No primeiro episodio Andreuccio de Perugia é enganado por un home, acabando nun mar de feces. No segundo un mozo é convencido por un grupo de monxas para que manteña relacións sexuais con elas. No terceiro, Peronella está co seu amante cando chega o seu marido.
No seguinte un comerciante dedicado ao pecado é castigado por Deus cunha grave enfermidade. Noutro episodio, dous amantes organízanse para enganar aos seus pais. En Sicilia, unha rapaza namórase de Lorenzo, empregado dos seus irmáns, que conspiran para asasinalo.
Máis adiante, un médico convence a un home de que o pode converter en cabalo. No último episodio, dous homes de Nápoles deciden que o primeiro que morra contará ao outro sobre o Paraíso ou o Inferno.
No final da historia, o pintor Giotto completou un fresco no que aparecen os sucesivos episodios.
Personaxes Franco Citti - Ciappelletto Ninetto Davoli - Andreuccio de Perugia Vincenzo Amato - Masetto de Lamporecchio Angela Luce - Peronella Giuseppe Zigaina - Monxe Gabriella Frankel Vincenzo Cristo Pier Paolo Pasolini - Allievo di Giotto Giorgio Iovine Salvatore Bilardo Vincenzo Ferrigno - Giannello Luigi Seraponte Antonio Diddio Mirella Catanesi
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Pier Paolo Pasolini Categoría:Filmes con banda sonora de Ennio Morricone Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes ambientados en Italia Categoría:Filmes ambientados en Sicilia Categoría:Filmes ambientados en Nápoles Categoría:Filmes ambientados en Tunisia