A selección de fútbol de Ecuador é o equipo representativo de Ecuador en diferentes competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación Ecuatoriana de Fútbol. O seu estadio oficial é o Estadio Olímpico Atahualpa, en Quito.

Ecuador clasificouse para tres Copas do Mundo en 2002, 2006 e 2014. A súa mellor clasificación neste torneo conseguírona no 2006, cando se clasificaron ata a Ronda de 16, mais foron eliminados por Inglaterra. É un dos tres países de Suramérica que non gañaron nunca a Copa América (os outros son Chile e Venezuela). A súa mellor clasificación no torneo continental foi un cuarto posto en 1959 e 1993, ámbalas veces sendo anfitrións do torneo.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da Federación Ecuatoriana de Fútbol futbolecuador.com Ecuador na Copa do Mundo Equipos de Ecuador na Copa do Mundo

Categoría:Fútbol en Ecuador